[Softlibre-edugal] SBC, TIC, Soft Libre e Reunión na consellería
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Lun Mar 19 18:14:56 CET 2007
>>> Servizos: Varios puntos
>>> A consellería ofrece ós centros aloxamento LAMP. Sen embargo, ata o de
>>> agora as posibilidades de usar Moodle, Joomla, ..., estaban limitadas polos
>>> coñecementos dos profes; é dicir, se querías algo había que buscarse a vida
>>> e montalo pola túa conta. Neste momento e grazas o traballo persoal dalgúns
>>> asesores ofrécese ós centros un pack: Drupal + Moodle + PHPWebquest +
>>> Coppermine. Esta iniciativa chámase WebsDinámicas e ofrece ós centros un
>>> aloxamento no servidor web de centros da consellería con estas aplicacións
>>> chave en man. Eu coñezo ós asesores que impulsaron o proxecto e os
>>> resultados que están a obter nos centros son moi bos.
>>>
>>>
>> Si. De feito, hai que quitar varias das cousas que hai no documento que se
>> está a elaborar porque, efectivamente, isto xa é así. Quen estexa interesado,
>> que chame ao seu asesor SIEGA e nun par de dias ten
>> Drupal+Moodle+PHPWebquest+Coppermine - iso si, con autenticación independente
>> para cada un. [Por certo, desde mañá até vernes quedaremos sen todo isto
>> porque van actualizar todas as versións que teñen - catro días???]
>>
>>
>>
>>
>>> Servizos no centros
>>> accesibles desde Internet: creo que por parte da consellería de presidencia
>>> a reposta vai ser non (supoño que por motivos de seguridade e control). Eu
>>> son da mesma opinión e creo que se o servizo pode estar nos servidores da
>>> consellería mellor debe estar alí; eso non quita, que por circunstancias se
>>> monte un servizo similar na intranet do centro. Acceso ó LDAP da
>>> consellería: Sería moi cómodo pero...
>>>
>>>
>> Paréceme lóxico que todos os servizos deben depender da Consellaría.
>>
>> Plantexan a posibilidade de montar un servidor interno nos centros que queiran
>> a maiores do externo, público. Este servidor só sería accesíbel desde dentro
>> do centro e empregaríase para a docencia.
>>
>>
>>
> A min non me parece tan lóxico. Que un centro ofreza servicios a través
> dunha rede desligada da rede corporativa da xunta non supón ningún
> problema de seguridade e permite moitas cousas importantes, sobre todo
> nos ciclos de informática e telecomunicacións. Por exemplo, o poder
> acceder ós equipos do centro dende casa é de gran utilidade.
>
> Por outra banda, si se quere ofrecer un servicio que se considera útil
> dende o punto de vista docente, pode facerse sin máis. De outro modo a
> burocracia para que a Consellería o ofrecera centralizado o faría inviable.
>
> Realmente non entendo a reticencia por parte da xunta.
>
>
O problema non é da nosa Consellería senón de Presidencia, (permitideme
que non cite o DOG nin que o busque), pero por lei todas as comuncacións
de tódolos organismos oficiais deben pasar pola rede corporativa da
Xunta, cambiar esa lei creo que vai ser moi dificil, O SERGAS logrouno,
pero nos non xestionamos un sector tan sensible para á sociaedade, e non
hai os .... que hai que ter para botarllos e pedir idependencia, pero
áinda así estaríamos dentros dunha cosellería coas súa regras (mal que
nos pese). O que se fai é vista gorda, pois o actula Subdirector sabe
arreo do asunto, como que era profe conmigo no instituto.e temos o que
temos (que tampouco é para contar en público ;-) ). Coincido na
apreciación de que pode ser moi útil, pero para todos, para os que teñn
boas intencións e para os que as teñen malas, a súa implantación
implicaría o usos de firewalls e dmzs (pois aínda que a rede de
administración este separada por VLANS da de docencia) pois quen lle
garante a un profe que a súa información é está segura no servidor
(aínda é fodido dende a LAN). Habería que establecer unhas pautas de
montaxe, pois ainda que non se pense é un burcao na Xunta (desde os
nosos centros pódese acceder á Xunta, pois dende fóra ós nosos centros e
log....).
Eu son partidario de que o centro poida ofrecer servizos, pero iso debe
estar controlado, e si o firewall e o canuto mo pon a xunta pois para
moitas cousas sacome problemas de enriba.
Saudos.
>>> Eu creo que nunca estarán todos os alumnos (por exemplo primaria). Podo
>>> asegurar que xestionar o proceso de altas de alumnos no LDAP seguindo un
>>> proceso mínimamente controlado (é dicir, que non se colen persoas que non
>>> deben) é a repanocha. Non a parte técnica que xa está feita (aplicación web
>>> de altas...) senón todo o proceso administrativo de envío de cartas,
>>> privacidade, ... Falamos de máis de cen ou doscentos mil alumnos. Creo que
>>> a consellería non o vai permitir debido os problemas de seguridade e o mal
>>> uso que alguén pode darlle ás buscas no LDAP. Creo que sería máis factible
>>> que desde XADE Web fose posible obter datos do alumnado do centro nun
>>> formato axeitado para facer importacións ó SBC e aplicacións tipo Moodle
>>> automatizando o proceso con scripts,... Quizás a parte servidor SBC deba
>>> partir dunhas funcionalidades básicas: autenticación/cartafoles personais,
>>> ..., e que se poida aumentar con módulos en función das necesidades de cada
>>> centro (creo que esta idea xa apareceu noutros correos anteriores) .
>>>
>>>
>> A intención da Consellaría é que todo o alumnado teña conta de correo e,
>> consecuentemente, acceso autenticado aos servizos educativos. Fálese da
>> cantidade de alumnos que se queira.
>>
>> O paso de XADE a autenticación centralizada xa se está a facer agora mesmo
>> cando se pasa a XADEweb. Nos centros que o tendes veríades que se lles
>> enviaron as bases de datos de XADE e a continuación, accedendo desde calquer
>> ordenador, xa están todos os profes.
>>
>>
>>
> Pois si. Podería bastar con que a Consellería ofrecera un servizo web de
> autenticación ós centros.
>
>>> LINUX/sof libre: O sinto con toda a miña alma pero creo que na actualidade,
>>> e sobre todo motivado polo profesorado e a consellería, non é viable a súa
>>> inmediata implantación na parte cliente. Explícome: Creo que a consellería,
>>> en materia de informática, debería marcar unhas pautas sobre o que hai que
>>> usar: OS e aplicacións. Por suposto, nas clases o profesor ten liberdade de
>>> cátedra e hai materias que,..., blablabla. Como non se marcan pautas e non
>>> se obriga (si, falo de obriga) ó persoal docente a ter unha capacitación
>>> informática mínima, o uso de UNIX/Linux/Soft libre depende de iniciativas
>>> personais. Obrigar require moito empuxe e/ou consenso, e creo que non vai
>>> ser.
>>>
>>>
>> Diferenciemos entre sistema operativo, clientes e aplicacións. Cando alguén me
>> pregunta por Linux eu respóstolle que o usa todos os días: cando consulta
>> calquer cousa en google. O mesmo. Un día chegas e, en vez dun escritorio ves
>> outro. Preguntas "onde está o de escribir?" e o asesor ou quen sexa diche "En
>> Aplicacións -> Ofimática - > Procesador de texto" (que pouco se diferencia
>> de "Inicio -> Programas - > Microsoft Word"). Sae-che un procesador de texto,
>> escribes e imprimes.
>>
>> Obrigóusenos a usar XADE, logo XADEweb, a ter unha conta de correo e acceder a
>> ela cunha interface determinada, a mirar as notas de cada exame da oposición
>> dunha maneira determinada, a facer o concurso de traslados,... Hoxe mesmo
>> tiven que repasar cun profe maior como se menten as notas no XADEweb (putos
>> deseñadores, puto InternetExplorer) - non haberá tanta diferenza e,
>> sobretodo, irás dun centro a outro e todo será igual.
>>
>>
>>
> Completamente de acordo. O cambio sería bastante simple, casi toda a
> dificultade estriba en pasar de Word a Ooffice, de Excel a Cal e de
> PowerPoint a Impress, e a ventaxa engadida é que todos os sitios serían
> iguais e nos olvidaríamos de rebote das incompatibilidades nas distintas
> versións de Office (por exemplo, abrir un documento Office 2007 con
> Office 97 ou 2000).
>
Por favor ollo contodo isto (observar o documento), temos que ter todo
moi trillado, claro que é cara onde imos ir camiñando, pero ollo, ollo,
un profe non só usa ferramentas ofimáticas, hai moitas putas pñaxinas
que só van no ie , hai que foderse pero o usuario quere ir a elas (e se
queremos triunfar non llas vamos proibir, e eclicarlle é que non cumplen
....ale ie4linux e así con moitas cousas) , usa impresoras (non vos vou
contar a experiencia con elas), as impresoras que teña no centro (ollo
cos drivers e funcionalidades, doble cara, dúas páxinas e unha, etc)
escáner, son, e logo ferramentas específicas
contabilidade, facturación, cad, mecánica electrónica, etc.
Ollo que non quero que se me vexa como o augafestas, que vá pero, levo 1
mes cun sistema puramente linux instalado nunha coop e 4 administrativas
e houbo ( e hai) os seus problemas nas pijadas que menos se imaxine un
(sobre todo ó chupar ós usuario de NIS).
Deberíamos tamén aportar un estudio de ferramentas que se usan en
windows e os seus equivalentes en Linux, pq o usuario final por moi
paquete que sexa, vai querer ver o video de cahondeo que lle enviaron
por correo outro compañeiro doutro centro onde os dous non teñen nada
que facer e adicanse a dicirche "ei esta merda que me isntalaches auí
non vai" e con esa información avrigua o pbma e dalle solución, coa
consabida regra aplicables a partidos de Dereitas e Esquerdas, ós
primeiros se rouban, non pasa nada porque xa se asimila que é para o que
están, pero se o fan os segundos (que se lles supoón que son máis
honrados) pónse o grito no ceo, pero se ó final son políticos. O mesmo
Windows, Linux, se o primeiro non vai uf non pasa nada reiniciar e
listo, como moito acordarse da nai de Bill,pero ó linux atribuense
méritos como que non se colga, que é a "repanocha" etc pero se ó final é
informática (con filosofías distintas eso sí, pero ó usuario final
importalle ver o video de Anita co Polaco en Ibiza). Os profes sómosche
moi fodidos como usuario final, os segundos despois dos médicos.
Manuel creo que ti tiñas un documento de equivalencias entre ferramentas
Windows e Linux.
Saudos tutti.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070319/2785c4d0/attachment.htm