[Softlibre-edugal] Maquinas virtuais
Antonio de Andres
aalema en edu.xunta.es
Xov Mar 22 14:08:51 CET 2007
Ola,
Este correo pode ser interesante para aqueles que usen máquinas virtuais nas
clases, fundamentalment os profesores de ciclos de informática. Os que non as
usedes (ou non saibades que é iso), podedes borralo directamente.
O caso é que atopei un programa chamado VirtualBox (http://www.virtualbox.org)
para traballar con máquinas virtuais e levo facendo probas con el uns días e
a verdade é que vai moi ben. Entre as súas vantaxes:
- Bo interfax de usuario.
- Funciona en Windows e Linux (Na web di que para executalo en Windows hai que
ter privilexios de administrador, pero a min funcionoume tamén cun usuario
normal)
- Vai como un tiro (tanto en Windows como en Linux).
- Permíteche configurar redes dende as máquinas virtuais con NAT ou
directamente facendo unha interfaz de rede de ponte (moi útil para facer
prácticas de ruteo en redes). Ademáis, tes unha opción para cambiar a MAC da
tarxeta de rede virtual cando queiras.
- Moita documentación de todo tipo na web.
- É gratis. Na web hai dispoñibles dúas versións, unha open source (OSE) (que
se podería traducir e incluír no SBC ;)) e outra en binarios que inclúe
algunha característica máis (non moito) e gratuíta para uso persoal e
EDUCATIVO (o di expresamente na licencia).
Eu vouno instalar no centro para usalo nas clases de redes este terceiro
trimestre. Xa vos direi que tal vai. Se vos animades a usalo xa me
contaredes.
Un saúdo,
Antonio