[Softlibre-edugal] Maquinas virtuais
xavi
xavi en iesrodeira.com
Xov Mar 22 18:49:43 CET 2007
Antonio de Andres escribió:
> Ola,
>
> Este correo pode ser interesante para aqueles que usen máquinas virtuais nas
> clases, fundamentalment os profesores de ciclos de informática. Os que non as
> usedes (ou non saibades que é iso), podedes borralo directamente.
>
> O caso é que atopei un programa chamado VirtualBox (http://www.virtualbox.org)
> para traballar con máquinas virtuais e levo facendo probas con el uns días e
> a verdade é que vai moi ben. Entre as súas vantaxes:
> - Bo interfax de usuario.
> - Funciona en Windows e Linux (Na web di que para executalo en Windows hai que
> ter privilexios de administrador, pero a min funcionoume tamén cun usuario
> normal)
> - Vai como un tiro (tanto en Windows como en Linux).
> - Permíteche configurar redes dende as máquinas virtuais con NAT ou
> directamente facendo unha interfaz de rede de ponte (moi útil para facer
> prácticas de ruteo en redes). Ademáis, tes unha opción para cambiar a MAC da
> tarxeta de rede virtual cando queiras.
> - Moita documentación de todo tipo na web.
> - É gratis. Na web hai dispoñibles dúas versións, unha open source (OSE) (que
> se podería traducir e incluír no SBC ;)) e outra en binarios que inclúe
> algunha característica máis (non moito) e gratuíta para uso persoal e
> EDUCATIVO (o di expresamente na licencia).
>
> Eu vouno instalar no centro para usalo nas clases de redes este terceiro
> trimestre. Xa vos direi que tal vai. Se vos animades a usalo xa me
> contaredes.
>
> Un saúdo,
>
> Antonio
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>
O qemu é tamén estupendo e é libre. O seu módulo acelerador kqemu tamén
e libre dende hai pouco e é unha marabilla. Funciona baixo Linux e
Windows e emula un montón de procesadores ademáis dos compatibles 80x86
Intel.
Eu o uso con W2003Server e WXP e vai de medo.