[Softlibre-edugal] Maquinas virtuais
Antonio de Andres
aalema en edu.xunta.es
Ven Mar 23 07:43:48 CET 2007
Precisamente estiven facendo probas co qemu antes de atopar o virtualbox. Sen
embargo, aínda co modulo acelerador kqemu, o rendemento era bastante peor.
Ademáis o interfaz de usuario, ainda que se pode usar o qemu-launcher para
lanzar as máquinas, é máis pobre. Aínda que iso é cuestión de gustos.
En fin, o mellor é poder ter varias alternativas e así cada un pode usar a que
mellor lle vaia. Por certo, alguén podería dicirme a diferencia entre o
vmware server (que é gratuito) e o workstation? Estiveno mirando na web pero
non me queda claro. O vmware server é gratuito para uso educativo?
Saúdos,
Antonio
El Jueves, 22 de Marzo de 2007 18:49, xavi escribió:
> Antonio de Andres escribió:
> > Ola,
> >
> > Este correo pode ser interesante para aqueles que usen máquinas virtuais
> > nas clases, fundamentalment os profesores de ciclos de informática. Os
> > que non as usedes (ou non saibades que é iso), podedes borralo
> > directamente.
> >
> > O caso é que atopei un programa chamado VirtualBox
> > (http://www.virtualbox.org) para traballar con máquinas virtuais e levo
> > facendo probas con el uns días e a verdade é que vai moi ben. Entre as
> > súas vantaxes:
> > - Bo interfax de usuario.
> > - Funciona en Windows e Linux (Na web di que para executalo en Windows
> > hai que ter privilexios de administrador, pero a min funcionoume tamén
> > cun usuario normal)
> > - Vai como un tiro (tanto en Windows como en Linux).
> > - Permíteche configurar redes dende as máquinas virtuais con NAT ou
> > directamente facendo unha interfaz de rede de ponte (moi útil para facer
> > prácticas de ruteo en redes). Ademáis, tes unha opción para cambiar a MAC
> > da tarxeta de rede virtual cando queiras.
> > - Moita documentación de todo tipo na web.
> > - É gratis. Na web hai dispoñibles dúas versións, unha open source (OSE)
> > (que se podería traducir e incluír no SBC ;)) e outra en binarios que
> > inclúe algunha característica máis (non moito) e gratuíta para uso
> > persoal e EDUCATIVO (o di expresamente na licencia).
> >
> > Eu vouno instalar no centro para usalo nas clases de redes este terceiro
> > trimestre. Xa vos direi que tal vai. Se vos animades a usalo xa me
> > contaredes.
> >
> > Un saúdo,
> >
> > Antonio
> >
> > _______________________________________________
> > Lista de correo Softlibre-edugal
> > Softlibre-edugal en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
> O qemu é tamén estupendo e é libre. O seu módulo acelerador kqemu tamén
> e libre dende hai pouco e é unha marabilla. Funciona baixo Linux e
> Windows e emula un montón de procesadores ademáis dos compatibles 80x86
> Intel.
> Eu o uso con W2003Server e WXP e vai de medo.
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal