[Softlibre-edugal] Maquinas virtuais
Dámaso Hernández
damaso.hc en gmail.com
Ven Mar 23 10:02:33 CET 2007
Antonio, grazas pola información, xa o estou probando e ten unha pinta
estupenda.
Dámaso.
El día 22/03/07, Antonio de Andres <aalema en edu.xunta.es> escribió:
>
> Ola,
>
> Este correo pode ser interesante para aqueles que usen máquinas virtuais
> nas
> clases, fundamentalment os profesores de ciclos de informática. Os que non
> as
> usedes (ou non saibades que é iso), podedes borralo directamente.
>
> O caso é que atopei un programa chamado VirtualBox (
> http://www.virtualbox.org)
> para traballar con máquinas virtuais e levo facendo probas con el uns días
> e
> a verdade é que vai moi ben. Entre as súas vantaxes:
> - Bo interfax de usuario.
> - Funciona en Windows e Linux (Na web di que para executalo en Windows hai
> que
> ter privilexios de administrador, pero a min funcionoume tamén cun usuario
> normal)
> - Vai como un tiro (tanto en Windows como en Linux).
> - Permíteche configurar redes dende as máquinas virtuais con NAT ou
> directamente facendo unha interfaz de rede de ponte (moi útil para facer
> prácticas de ruteo en redes). Ademáis, tes unha opción para cambiar a MAC
> da
> tarxeta de rede virtual cando queiras.
> - Moita documentación de todo tipo na web.
> - É gratis. Na web hai dispoñibles dúas versións, unha open source (OSE)
> (que
> se podería traducir e incluír no SBC ;)) e outra en binarios que inclúe
> algunha característica máis (non moito) e gratuíta para uso persoal e
> EDUCATIVO (o di expresamente na licencia).
>
> Eu vouno instalar no centro para usalo nas clases de redes este terceiro
> trimestre. Xa vos direi que tal vai. Se vos animades a usalo xa me
> contaredes.
>
> Un saúdo,
>
> Antonio
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070323/ac462c8e/attachment.htm