[Softlibre-edugal] Documento Wiki - Revisións

Carlos Carrión carrion en edu.xunta.es
Ven Mar 23 16:40:44 CET 2007


Ola a todos

Acabo de ler, por fin, as engádegas ó documento wiki: 
(http://www.galpon.org/modules/phpwiki/index.php/TIC_e_Soft_Libre_no_Ensino_en_Galicia)
Varias consideracións ó respecto:
1º.- Alguén pode cubrir os apartados referentes á Análise da Situación 
actual no que atinxe ó ámbito da administración, formación, etc.

2º.- Na proposta, punto 1, punto f, habería que ter en conta as 
consideracións que fixo Manuel Regal, sobre aspectos legais de menores 
de idade. Persoalmente eu apostaría por comezar cun sistema de 
validación independente en cada centro, onde os usuarios se extraian 
cunha ferramenta do XADE,

3º.-   Na proposta  punto 1. legtra g, eu elminaría o dos parénteses, 
non creo que temos que por escrito casos tan pormenorizados, máxime 
cando, como neste caso, a persoa que fixo ese programa é compañeiro 
noso, que falando con él se resolve o pbma nun momento, e sobretodo, 
cando temos unh problema estructural moito máis profundo que ese caso.

3.- Na proposta que se fai do SBC, dúas observacións:
    3.A.-º.- Sacaríalle forza a moitas frases que son redactadas de 
xeito que non contribuen a reforzar a nosa petición e que pola contra 
poderían ter un efecto boomerang no desexado, as do estilo "ninguén nos 
botarñia ós cans", etc....
    3.B.- Eu non separaría a parte server dos clientes, para min o SBC é 
o todo, logo que queira, pode decidir instalar so a parte cliente 
prescindindo da do server, cousa que cre que ningué faría pois quen vai 
querer renunciar ós beneficios dun sistema baseádo en servidor: 
movilidade dos usuarios, facilita a supervisión por parte do profesorado 
(profesor revisa traballos do alumno), permite realizar copias de 
respaldo dun xeito cómodo, permite etc etc.
            O SBC inicial estaba baseado en servidor, que a súa 
configuración non se desplegue dun xeito tan automático e que a súa 
instalación precise ser instalado tirando de manual (sexa este por medio 
do wiki ou calquera outro método. Ollo que tamen se vai precisar 
doumentar a parte cliente) non é excusa para que forme parte do SBC de 
todo centro. Ó mellor estou trabucado nesta apreciación.

Xº.- Polo demais estou moi de acordo con todo, só que iso restarlle 
forza á redacción dalgunhas frases, que isto é un documento de 
intencións. Manuel a bon seguro que nunha segunda lectura detectas 
cousas coma esas.

Yº.- Unha vez obtido o odt. pásamoloa asinar polos nosos centros, outros 
centros, etc ?

Ale bicos a todos.

Saudos.