[Softlibre-edugal] Documento Wiki - Revisións
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Ven Mar 23 16:44:20 CET 2007
Ola de novo
Por certo, que me esquecín, ten erros ortográficos, pero non
preocuparse, que no momento de pasalo á odt, xa se corrixen, se queres
Manuel cando o teñas, pásasmo e corríxou no WORD, ;-)
Ale boa fin de semana a todos. :-)
Chao
Carlos Carrión escribió:
> Ola a todos
>
> Acabo de ler, por fin, as engádegas ó documento wiki:
> (http://www.galpon.org/modules/phpwiki/index.php/TIC_e_Soft_Libre_no_Ensino_en_Galicia)
> Varias consideracións ó respecto:
> 1º.- Alguén pode cubrir os apartados referentes á Análise da Situación
> actual no que atinxe ó ámbito da administración, formación, etc.
>
> 2º.- Na proposta, punto 1, punto f, habería que ter en conta as
> consideracións que fixo Manuel Regal, sobre aspectos legais de menores
> de idade. Persoalmente eu apostaría por comezar cun sistema de
> validación independente en cada centro, onde os usuarios se extraian
> cunha ferramenta do XADE,
>
> 3º.- Na proposta punto 1. legtra g, eu elminaría o dos parénteses,
> non creo que temos que por escrito casos tan pormenorizados, máxime
> cando, como neste caso, a persoa que fixo ese programa é compañeiro
> noso, que falando con él se resolve o pbma nun momento, e sobretodo,
> cando temos unh problema estructural moito máis profundo que ese caso.
>
> 3.- Na proposta que se fai do SBC, dúas observacións:
> 3.A.-º.- Sacaríalle forza a moitas frases que son redactadas de
> xeito que non contribuen a reforzar a nosa petición e que pola contra
> poderían ter un efecto boomerang no desexado, as do estilo "ninguén nos
> botarñia ós cans", etc....
> 3.B.- Eu non separaría a parte server dos clientes, para min o SBC é
> o todo, logo que queira, pode decidir instalar so a parte cliente
> prescindindo da do server, cousa que cre que ningué faría pois quen vai
> querer renunciar ós beneficios dun sistema baseádo en servidor:
> movilidade dos usuarios, facilita a supervisión por parte do profesorado
> (profesor revisa traballos do alumno), permite realizar copias de
> respaldo dun xeito cómodo, permite etc etc.
> O SBC inicial estaba baseado en servidor, que a súa
> configuración non se desplegue dun xeito tan automático e que a súa
> instalación precise ser instalado tirando de manual (sexa este por medio
> do wiki ou calquera outro método. Ollo que tamen se vai precisar
> doumentar a parte cliente) non é excusa para que forme parte do SBC de
> todo centro. Ó mellor estou trabucado nesta apreciación.
>
> Xº.- Polo demais estou moi de acordo con todo, só que iso restarlle
> forza á redacción dalgunhas frases, que isto é un documento de
> intencións. Manuel a bon seguro que nunha segunda lectura detectas
> cousas coma esas.
>
> Yº.- Unha vez obtido o odt. pásamoloa asinar polos nosos centros, outros
> centros, etc ?
>
> Ale bicos a todos.
>
> Saudos.
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>
>