[Softlibre-edugal] A xunta negocia con Microsoft. Confirmado
Carlos Rodriguez
capri99 en gmail.com
Mer Maio 2 12:10:12 CEST 2007
El Martes, 1 de Mayo de 2007, Carlos Carrión escribió:
> http://chuza.org/historia/a-xunta-confirma-que-negocia-con-microsoft-para-m
>eter-mais-programas-seus-nas-aulas/
Pasamos á acción. Presentando instancias á Xunta.
Dende GALPon estaremos pendentes de se se vai hipotecar o futuro das rapazas e
rapaces galegos en materia de educación fomentando o uso de software
privativo ou se pola contra se promociona o uso de Software Libre tal e como
está aprobado polo parlamento galego recentemente no PEGSI (Plano Estratéxico
Galego da Sociedade da Información). Estamos en contacto co resto de grupos
galegos de Software Libre e co profesorado sensibilizado nesta materia a
través da lista de correo Software Libre no ensino galego non universitario
(softlibre-edugal en mancomun.org).
Dende GALPon e outros grupos de software libre galegos, enviaremos instancias
ao goberno preguntado por este suposto acordo con Micro$oft. Suso remitíunos
un modelo a encher desta maneira:
---
Á atención de (nome do alto cargo), (cargo)
(organismo do que é responsabel)
(enderezo postal do organismo)
Don/Dona (nome e apelidos) con NIF (nif) e domicilio a efectos de
notificación postal (domicilio onde queiras recibir a resposta), en nome
e representación de (nome da asociación) asociación sen ánimo de lucro
inscrita no rexistro (rexistro) con número (número),
EXPÓN
- Que con data 30 de marzo de 2007 foi aprobado polo Parlamento Galego o
Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI),
anteriormente aprobado por unanimidade polo Consello da Xunta o pasado
10 de xaneiro de 2007.
- Que o PEGSI define claramente unha política tecnolóxica do Goberno
Galego baseada no uso de estándares abertos e na promoción do software
libre, dacordo co Acordo político asinado polos partidos políticos
que conforman o actual goberno.
- Que con data 27 de maio de 2007, a presidenta de Microsoft Ibérica,
dona Rosa María García, afirmou en declaración pública que "estaba
pendente de chegar a un acordo coa Xunta".
- Que a corporación norteamericana Microsoft foi condenada polo Tribunal
Europeo de Xustiza por prácticas monopolísticas que impiden a
concorrencia no mercado en igualdade de condicións das empresas como as
que conforman a industria TIC galega.
- Que os formatos de ficheiros empregados por esa corporación non
cumpren os requerimentos estabelecidos pola Comisión Europea para
garantir a interoperabilidade dos sistemas de información das
administracións públicas entre sí.
- Que existen alternativas aos produtos desta empresa, amplamente
empregadas noutras administracións públicas, que por ser gratuítas non
supoñen un coste adicional de licenzas que debamos pagar os cidadáns
cos nosos impostos.
Por todo esto, SOLICITA:
- Ser informado dos termos deste acordo en caso de que exista, ou
desmentir no seu caso a súa existenza.
- En concreto, ser informado como parte concernida, se forma parte das
previsións da nova Xunta a compra de licenzas de Windows Vista ou Office
2007 para o seu entorno de traballo corporativo.
- Ser informado se existe un plan de migración a software libre e dos
seus prazos tal como foi manifestado en diversas ocasións por
destacados responsabeis políticos da Xunta.
- Recibir por escrito os termos da súa resolución no enderezo postal
antes indicado, de acordo co previsto na lexilación vixente.
Saúdalle atentamente,
(nome e apelidos)
(sinatura)
(lugar, data)
--
Os dous primeiros parágrafos do EXPÓN pódenvos ser útiles para
contextualizar calquera cousa que teña que ver co software libre e a
Xunta. O resto é cousa de darlle renda solta á creatividade que todos
levamos dentro :) O último parágrafo é para evitar que den a calada por
resposta.
Compre sempre ser correctos e non insultar. Tamén compre facer chegar os
escritos ao lugar correspondente, que adoita ser unha Consellaría ou máis
concretamente unha Dirección Xeral. Sempre é mellor dirixirse directamente
ao organismo responsabel. Unha vez identificado o organismo, só quedaría
identificar ao seu/súa responsabel. Como enderezo de postal de destino,
basta indicar o de S. Caetano (Edificio Administrativo de San Caetano
s/n, Santiago de Compostela). Para aforrarvos o traballo de ter que
buscar, creo que con estas será suficiente na maior parte dos casos:
Cando sexa algo xeral de software na Xunta a Consellaría competente é a
de Presidencia, en concreto esta Dirección Xeral que veñen sendo os
"administradores do sistema":
http://guiacomunicacion.xunta.es/node/1873
Cando sexa algo que relacione software e língua, esta:
http://guiacomunicacion.xunta.es/node/266
Cando teña que ver con empresas, mancomún ou en xeral calquera cousa de
Sociedade da Información que non esté referida a algunha das anteriores
dúas cousas, esta, que é a mais guai de todas ;-)
http://guiacomunicacion.xunta.es/node/1929
Feito isto, imprimir, asinar, sacarlle unha fotocopia ao texto asinado,
e presentarse en calquera rexistro da xunta, idealmente o do organismo
competente para acelerar o proceso, ou ben no Rexistro Xeral, que está
en S. Caetano entrando pola porta principal á esquerda (tamén se pode
presentar a través do
"portelo único", un rexistro de documentación con destino a administración da
comunidade autónoma que se pode empregar naqueles Concellos que asinaron o
convenio).
Unha vez no rexistro, indicar que se quere presentar unha instancia,
amosar o orixinal e a copia. Unha vez que cuñen a copia, xa podemos dar
o escrito por apresentado.
Outra opción para non ter que ir a S.Caetano, é enviar a instancia por
correo certificado. O proceso é o mesmo, pero en troques de ir ao
Rexistro Xeral, basta ir a unha oficina de Correos, por que a validez
legal é a mesma.
Espero que isto vos resulte útil. Outras opcións tamén as hai, pero ou
son moi complexas, ou involucran meterse en política a través dalgún
partido para facer preguntas parlamentarias por exemplo, pero xa me
supoño que iso non vos mola moito. Este tema das instancias é bastante
limpo, efectivo e directo. Non hai problema en que llo fagades chegar a
varios organismos ao mesmo tempo, nise senso a Xunta é máis parecida a
Linux que a Windows :)
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99 en gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99 en ekiga.net>
------------ prxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070502/1a69e300/attachment.pgp