[Softlibre-edugal] Aniversario de Mancomun.org
mancomun
mancomun en www.mancomun.org
Mer Maio 9 10:39:56 CEST 2007
Mancomun.org, a iniciativa da Dirección Xeral de Promoción e Sociedade
da Información <http://www.sociedadedainformacion.eu/> (DXPSI) para
promover e difundir o Software Libre, cumpre un ano como axente
catalizador dos diferentes proxectos sobre Software Libre existentes en
Galicia.
Mancomun.org Aniversario
Coincidindo coa existencia desta iniciativa os eventos de difusión
celebrados desde hai un ano, máis de 90, duplicaron aos que tiveron
lugar no bienio anterior. Durante este ano de actividade de Mancomun.org
a PEME, o ensino non universitario e a administración local tomaron
conciencia da existencia dunha alternativa tecnolóxica máis innovadora,
de menor custe e cunha maior capacidade de adaptación ás necesidades dos
usuarios.
Desde Mancomun.org queremos agradecer a todas as persoas e institucións
que colaboraron con nós neste ano polo seu traballo e adicación que
contribuíron ao éxito deste proxecto e conforman a comunidade galega do
Software Libre.
A noticia en:
*Mancomun.org:*
http://www.mancomun.org/mancomun.org/mancomun.org-cumpre-un-ano-como-axente-catalizador-dos-proxectos-de-software-libre-de-ga-3.html
*Menéame:
*http://meneame.net/story/iniciativa-xunta-galicia-para-promover-sw-libre-pyme-educacion-administracion-cumple-ano
*Fresqui:*
http://tec.fresqui.com/aniversario-de-la-iniciativa-de-la-xunta-de-galicia-para-promover-el-sw-libre-en-empresas-educacion-y-administracion
--
Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre
www.mancomun.org
mancomun en mancomun.org
Telf: 981 56 98 10 Ext:247
Fax: 981 59 46 16
Centro de Supercomputación de Galicia
Avda. de Vigo s/n (Campus Sur)
15705 Santiago de Compostela
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070509/2ea67718/attachment.htm
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : aniversario_mancomun.png
Tipo : image/png
Tamaño : 21106 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070509/2ea67718/attachment.png