[Softlibre-edugal] Nova Versión de WebSqusr 2.0
xavi
xavi en iesrodeira.com
Mar Maio 15 16:24:41 CEST 2007
Compraceme comunicar a saída da versión 2.0 beta do programa de control
de acceso a Internet WebSqusr. Como novidade aporta a posibilidade de
planificar semanalmente o acceso a internet nas aulas, tanto mediante
horarios como con horas indicadas de xeito manual.
Podes consultar as características e manual en
http://web.iesrodeira.com/index.php/WebSqusr:_Control_de_Acceso_con_Squid
P.D: ¿Alguén sabe que ocurre coas noticias da forxa? parece que levan
moito sen actualizar, e a nova respecto a esta versión de WebSqusr non
aparece...