[Softlibre-edugal] Nova versión do MAGASI: O Mini MAGASI v2.0
Manuel G. Regal
mgregal en yahoo.es
Ven Maio 25 18:56:57 CEST 2007
Ola a tod en s,
É un pracer anunciarvos que xa está na páxina web do proxecto a segunda versión do MAGASI. Tras pasar un ano da primeira versión do MAGASI CD e despois de darlle unhas cantas voltas, decidín crear tres versións:
--> O Mini MAGASI:
- En formato CD (como a primeira versión).
- Pensada para equipos que non teñen lector de DVD.
-Cunha distribución de Linux incorporada; que no caso de arrincar o PC co Mini MAGASI, permite traballar con Linux en plan Live-CD.
--> O MAGASI:
- En formato DVD con máis programas, máis titoriais, máis ligazóns, mási fotos, etc.
- Cunha distro de Linux para equipos modernos.
--> O MAGASI en liña para poder navegar polo MAGASI en Internet.
Para non bombarderos con moita literatura un pequeno resumo deste 'Mini' MAGASI:
--> En galego e castelán, permitindo que o usuario escolla o idioma de traballo nas bandeiras da páxina de entrada.
--> Nova sección adicada ás aplicacións educativas: gráficos matemáticos, simulador de circuitos, traballar con verbos, ...
--> Manuais, titoriais e videos dalgúns programas para aprender o seu uso (incluíronse manuais/videos de TEGNIX sobre a OpenOffice).
--> Nova sección adicada a ligazóns sobre o idioma e a cultura galega.
--> Distribución de Linux Live-CD: a escoller con Puppy Linux ou Damm Small Linux
--> Moitas aplicacións: OpenOffice, 7-Zip,PDFCreator, Sunbird, Scribus, Keepass, Stickies, Blender, Inkscape, GIMP, Tuxpaint, Dia, Firefox, Filezilla, Thunderbird, Gain, Seamonkey, Wireshark, VideoLAN, Audacity, eXelearning, Graph, iTALC, VerbOS, Dev-C++, ...
Xa sei que quedaron fóra moitas cousas interesantes (simuladores de física, programas de CAD, ferramentas de creación e inxección de paquetes de rede, titoriais, ...) de ahí a versión en DVD; sen embargo, e mentres non saia a versión DVD espero que vos sexa útil.
Para que vos fagades unha idea sobre como é o Mini MAGASI podedes ollar un par de videos que atoparedes na páxina web do proxecto, e se queredes poderedes baixar a imaxe ISO:
Web do proxecto: http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/
Acceso directo ós videos:
--> Sobre o Mini MAGASI:
http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/navegando_polo_mini_magasi.htm
--> Sobre o Mini MAGASI:
http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/navegando_polo_mini_magasi_castelan.htm (castelán)
--> Arrincando co Mini MAGASI versión PuppyLinux:
http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/magasi_puppy.htm
Descargar directa:
--> Mini MAGASI con Puppy Linux: http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/o_mini_magasi_puppy_v2.0.iso
--> Mini MAGASI con Damm Small Linux: http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/o_mini_magasi_dsl_v2.0.iso
Un saúdo do autor do MAGASI.
Manuel González Regal, profesor do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos (ASI) do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira
____________________________________________________________________________________
¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.
http://es.answers.yahoo.com/info/welcome
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070525/ea4471b4/attachment.htm