[Softlibre-edugal] Axendas electrónicas via web
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Mar Nov 20 21:07:35 CET 2007
Boas a todos
A ver se me poidesedes axudar e informar sobre un aplicativo que cumpla
o seguite:
Xestionar a axenda de traballo/reunións, etc dun grupo de persoas.
Valiadción vía LDAP
Consulta e modificación vía web.
Configurar persoas que poidan administrar ás dos demais e cada quen a súa.
Á hora de programar reunións de varios participantes, que informe das
posibles incompatibilidades dos mesmos para esas datas ou horas por ter
xa algo asignado.
etc, etc.
Moitas grazas
Carlos Carrión.