[Softlibre-edugal] Axendas electrónicas via web
Cesareo Garci’a Rodicio
cesareo en cesareox.com
Mar Nov 20 21:44:41 CET 2007
Hola
Eu utilizo Openacs (www.openacs.org co antigo módulo Calendario) como
axenda persoal dende fai varios anos. Podo xestiona-la axenda
(calendarios privados e compartidos) e xestionar permisos de forma
complexa. Ademáis podo consulta-lo dende dispositivos portátiles (tipo PDA).
OpenACS pode xestionar usuarios conectándose a LDAP, inclusive pódese
exportar un evento en iCal. Pero ...
... empregar OpenACS só para a axenda eu creo que non compensa. E dicir,
sí buscas un aplicativo de cero ó mellor sí, pero como solución concreta
e particular non sei se será moito. Pódoche dar un acceso e probas o
calendario (xa te digo que creo que hai un módulo novo pero eu traballo
co antigo).
A opción mais sinxela agora mesmo eu creo que é Google Calendar (
http://calendar.google.com ), alomenos ensineino en clase e funcionou
ben. Pero unha boa opción agora mesmo sería que o teu equipo de traballo
utilizara un cliente iCAl (por exemplo a extensión LIghtning con Mozilla
Thunderbird) e un servidor de calendarios (WebDAV). Só tes que manter ó
servidor (creo que complicado de polo a funcionar e logo vai ben) e que
a túa xente empregue o seu cliente habitual. O de LDAP sería cuestión no
servidor.
Vamos esta é una reflexión a bote pronto :-)
Saúdos
Cesáreo
Carlos Carrión escribió:
> Boas a todos
>
> A ver se me poidesedes axudar e informar sobre un aplicativo que cumpla
> o seguite:
>
> Xestionar a axenda de traballo/reunións, etc dun grupo de persoas.
> Valiadción vía LDAP
> Consulta e modificación vía web.
> Configurar persoas que poidan administrar ás dos demais e cada quen a súa.
> Á hora de programar reunións de varios participantes, que informe das
> posibles incompatibilidades dos mesmos para esas datas ou horas por ter
> xa algo asignado.
> etc, etc.
>
> Moitas grazas
> Carlos Carrión.
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal