[Softlibre-edugal] Axendas electrónicas via web
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Mar Nov 20 21:57:15 CET 2007
Ola
Pois si que agradecería ese acceso de proba.
Non entendo cando te refires a que Openacs non compensa.
Pero enormes grazas, pois disto todo é novo para min e precisoo para a
cooperativa de viño, onde xerente, comerciais, etc anda espallados polo
mundo, e administradora na adega controlando as súas aendas, e a dos que
por alí andan..
Saudos e moitas grazas pola info, pois xa teño por onde tirar.
Carlos Carrión
Cesareo Garci?a Rodicio escribiu:
> Hola
>
> Eu utilizo Openacs (www.openacs.org co antigo módulo Calendario) como
> axenda persoal dende fai varios anos. Podo xestiona-la axenda
> (calendarios privados e compartidos) e xestionar permisos de forma
> complexa. Ademáis podo consulta-lo dende dispositivos portátiles (tipo PDA).
>
> OpenACS pode xestionar usuarios conectándose a LDAP, inclusive pódese
> exportar un evento en iCal. Pero ...
>
> ... empregar OpenACS só para a axenda eu creo que non compensa. E dicir,
> sí buscas un aplicativo de cero ó mellor sí, pero como solución concreta
> e particular non sei se será moito. Pódoche dar un acceso e probas o
> calendario (xa te digo que creo que hai un módulo novo pero eu traballo
> co antigo).
>
> A opción mais sinxela agora mesmo eu creo que é Google Calendar (
> http://calendar.google.com ), alomenos ensineino en clase e funcionou
> ben. Pero unha boa opción agora mesmo sería que o teu equipo de traballo
> utilizara un cliente iCAl (por exemplo a extensión LIghtning con Mozilla
> Thunderbird) e un servidor de calendarios (WebDAV). Só tes que manter ó
> servidor (creo que complicado de polo a funcionar e logo vai ben) e que
> a túa xente empregue o seu cliente habitual. O de LDAP sería cuestión no
> servidor.
>
> Vamos esta é una reflexión a bote pronto :-)
>
> Saúdos
> Cesáreo
>
>
>
> Carlos Carrión escribió:
>
>> Boas a todos
>>
>> A ver se me poidesedes axudar e informar sobre un aplicativo que cumpla
>> o seguite:
>>
>> Xestionar a axenda de traballo/reunións, etc dun grupo de persoas.
>> Valiadción vía LDAP
>> Consulta e modificación vía web.
>> Configurar persoas que poidan administrar ás dos demais e cada quen a súa.
>> Á hora de programar reunións de varios participantes, que informe das
>> posibles incompatibilidades dos mesmos para esas datas ou horas por ter
>> xa algo asignado.
>> etc, etc.
>>
>> Moitas grazas
>> Carlos Carrión.
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal
>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071120/9b245f94/attachment.htm