[Softlibre-edugal] Axendas electrónicas via web

Cesareo Garci’a Rodicio cesareo en cesareox.com
Mer Nov 21 01:54:04 CET 2007


Hola

Refírome a que openacs.org é un sistema complexo onde a súa potencia é 
para montar un sistema mais completo non só unha axenda. E un sistema 
para montar comunidades virtuais moi potente (por exemplo un uso 
especial é en educación co proxecto dotLRN).

Entón depende do que queiras facer, se queres montar un sistema potente 
para xente distribuida polo mundo con servicios un pouco complexos (por 
citar algún: calendarios compartidos, foros, albumes de fotos, enquisas, 
control de horas e proxectos, weblogs, wiki, etc) está moi ben.

Mais información: http://es.wikipedia.org/wiki/OpenACS e 
http://es.wikipedia.org/wiki/DotLRN

A páxina oficial do proxecto e www.openacs.org

Saúdos
Cesáreo


Carlos Carrión escribió:
> Ola
> Pois si que agradecería ese acceso de proba.
> Non entendo cando te refires a que Openacs non compensa.
> Pero enormes grazas, pois disto todo é novo para min e precisoo para a 
> cooperativa de viño, onde xerente, comerciais, etc anda espallados polo 
> mundo, e administradora na adega controlando as súas aendas, e a dos que 
> por alí andan..
> 
> Saudos e moitas grazas pola info, pois xa teño por onde tirar.
> Carlos Carrión
> 
> Cesareo Garci’a Rodicio escribiu:
>> Hola
>>
>> Eu utilizo Openacs (www.openacs.org co antigo módulo Calendario) como
>> axenda persoal dende fai varios anos. Podo xestiona-la axenda
>> (calendarios privados e compartidos) e xestionar permisos de forma
>> complexa. Ademáis podo consulta-lo dende dispositivos portátiles (tipo PDA).
>>
>> OpenACS pode xestionar usuarios conectándose a LDAP, inclusive pódese
>> exportar un evento en iCal. Pero ...
>>
>> ... empregar OpenACS só para a axenda eu creo que non compensa. E dicir,
>> sí buscas un aplicativo de cero ó mellor sí, pero como solución concreta
>> e particular non sei se será moito. Pódoche dar un acceso e probas  o
>> calendario (xa te digo que creo que hai un módulo novo pero eu traballo
>> co antigo).
>>
>> A opción mais sinxela agora mesmo eu creo que é Google Calendar (
>> http://calendar.google.com ), alomenos ensineino en clase e funcionou
>> ben. Pero unha boa opción agora mesmo sería que o teu equipo de traballo
>> utilizara un cliente iCAl (por exemplo a extensión LIghtning con Mozilla
>> Thunderbird) e un servidor de calendarios (WebDAV). Só tes que manter ó
>> servidor (creo que complicado de polo a funcionar e logo vai ben) e que
>> a túa xente empregue o seu cliente habitual. O de LDAP sería cuestión no
>> servidor.
>>
>> Vamos esta é una reflexión a bote pronto :-)
>>
>> Saúdos
>> Cesáreo
>>
>>
>>
>> Carlos Carrión escribió:
>>   
>>> Boas a todos
>>>
>>> A ver se me poidesedes axudar e informar sobre un aplicativo que cumpla 
>>> o seguite:
>>>
>>> Xestionar a axenda de traballo/reunións, etc dun grupo de persoas.
>>> Valiadción vía LDAP
>>> Consulta e modificación vía web.
>>> Configurar persoas que poidan administrar ás dos demais e cada quen a súa.
>>> Á hora de programar reunións de varios participantes, que informe das 
>>> posibles incompatibilidades dos mesmos para esas datas ou horas por ter 
>>> xa algo asignado.
>>> etc, etc.
>>>
>>> Moitas grazas
>>> Carlos Carrión.
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Lista de correo Softlibre-edugal 
>>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>>     
>>
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal 
>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>
>>   
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal