[Softlibre-edugal] Ferramentas equivalentes
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Xov Nov 22 01:38:15 CET 2007
Ola a todos/as
Dende a Consellería de Educación queren buscar ferramentas en SL
equivalentes a estas outras privativas, para o desenvolvemento de materiais.
Se podedes botar unha man será ben recibida.
Na produción dos materiais de FPD imos a empregar unha serie de ferramentas para conseguir dous obxectivos:
Interactividade na navegación.
Interactividade nos contidos.
No mercado existen múltiples ferramentas de pago e nos interesaría valorar algunhas solucións de código aberto; a continuación indico algunhas:
- Deseño gráfico (tipo CorelDraw)
- Tratamento de imaxes (Tipo Photoshop; existe baixo licenza Freeware: Thumbnails; e baixo licencia GNU: GIMP )
- Tratamento de son (tipo Audition: existe baixo licencia GNU Home Cdex)
- Tratamento de vídeo (tipo Premiere)
- Deseño web (tipo Dreamweaver)
- Deseño gráfico de animacións multimedia (tipo Flash)
- Deseño de simulacións e presentacións interactivas (tipo Captivate; existe baixo licencia Freeware: Wink)
- Ferramentas de xeración de actividades, probas de avaliación... (en distribución libre existen multitude de ferramentas: LIM, Edilim, HotPotatoes, JClic, WinEsquema)
- Deseño de materiais educativos multimedia (tipo Toolboock, Director, Authorware; en licencia open source Exe-learning)
Neste aspecto, gustaríame que, se coñecedes algunha ferramenta de código aberto das indicadas arriba, coa que traballarades, ou algunha que encaixe en algún dos apartados anteriores; nos fixerades unha valoración atendendo aos seguintes aspectos:
- facilidade de uso
- tempo de formación necesario para traballar con ela
- Calidade do material producido
- Posibilidade de uso de idioma galego, castelán
- Existencia de versión para windows
- calquera outra que consideredes
(IMPORTANTE!!) Tamén nos podedes axudar indicando algún programa que realice o seguinte:
- Conversión DOC (rtf) a XML (LIMPA!!, non como a de Word) dende documento Word ou Writer
- Conversión XML a HTML (en multipáxina) usando CSS ou XSL
Este tipo de conversión debe ser configurable para que se poida automatizar o proceso.
Moitas grazas!!
Un saúdo