[Softlibre-edugal] pregunta sobre terminais tontos
Cesareo Garci’a Rodicio
cesareo en cesareox.com
Xov Nov 29 14:27:36 CET 2007
Hola
Creo que hai xente traballando nelo e que terán mais información. Pero
así a ollo:
Un terminal tonto: 300 € (ou un reciclado/segunda man, que podrás
conseguir por uns 150 euros)
Un Servidor: (a ollo tamén 50MB por terminal en Memoria RAM, e dicir con
1 GB de RAM tes uns 20 equipos nunha boa rede). Mais de 25 equipos por
Servidor é complexo (pero posible)
Software: Salvo necesidades concretas, gratuito e aberto
Instalación, Mantemento: NON é gratis. E MOI importante ó mantemento.
Se eres coordinadora e hai orzamento, eu contrataría algúen que o teña
montado porque o instalará rápido e te dará un bo mantemento. Seguro que
alguén da lista sabe.
Mais información:
- http://www.danielcastelao.org/~damian/proxectos/doc/asi05b/index.html
(é do ano 2006 pero poderá darche ideas)
- Na páxina de Manuel Morán (www.immv.es) ten información nalgunhas
imaxes da súas ponencias.
Saúdos
Cesáreo
anxa en edu.xunta.es escribió:
> Ola, levo bastante tempo nesta lista de correo e creo que é a
> primeira vez que escribo. A razón de escribir hoxe é por dubidas. Son
> a cordianadora tic do meu centro, solo con ESO, pequeno e con poucos
> recursos. O sábado fun as Xornadas Tic e falaouse dos terminais
> tontos. Comenteino coa dirección que estaba pensando en mercar algun
> equipo, e queren saber máis do tema. A pregunta en concreto sería de
> presuposto. Canto costa un terminal tonto, canto costa un servidor, e
> canto costaría o software se non pode ser gratuito. Perdon polo rollo
> e grazas polas respostas
> _______________________________________________ Lista de correo
> Softlibre-edugal Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal