[Softlibre-edugal] pregunta sobre terminais tontos
Manuel G. Regal
mgregal en yahoo.es
Ven Nov 30 12:26:41 CET 2007
Ola,
Podes probar o sistema con Edubuntu que xa ten montado por defecto na versión servidor o sistema TLSP: http://www.edubuntu.org/ .Incluso, se non tes equipos a man podes probalo con maquinas virtuais no VMWare:
- Instalas un edubuntu server nunha máquina virtual con 512 MB de RAM por exemplo (con menos tamén funcionaria)
- Creas outra máquina virtual cuns 64 MB ou máis e non instalas nada nela. Ó arrincar esta máquina virtual, por defecto o VMWare tratará de arrincar dende a tarxeta de rede virtual e comezará a cargar o sistema. Pasado un tempo xa podes logearte no sistema e comezar a traballar.
Hai outros sistemas pero este xa ven preparado para funcionar nada máis rematar a instalación.
Con independencia das dificultades de montaxe e mantemento, creo que debedes mirar o tema económico pola instalación de rede e de electricidade. Se xa a tedes, o tema é cuestión de horas de probas ou contratar a alguén que o faga.
Un saúdo
Manuel González Regal
----- Mensaje original ----
De: "anxa en edu.xunta.es" <anxa en edu.xunta.es>
Para: Software Libre no ensino galego non universitario <softlibre-edugal en mancomun.org>
Enviado: viernes, 30 de noviembre, 2007 11:23:53
Asunto: Re: [Softlibre-edugal] pregunta sobre terminais tontos
Ola, moitas grzas polas respostas, voume aclarando moito. É un centro
público, pero moi pequeno, temos sobre 150 alumnos e 25 profesores, e
o diñeiro é bastante escaso. Non pensara eu na montaxe e no
mantenemento, grazas por dicilo. Agora temos que facer as nosas "contiñas", e a
var que pasa. Grazas
_______________________________________________
Lista de correo Softlibre-edugal
Softlibre-edugal en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
______________________________________________
¿Chef por primera vez?
Sé un mejor Cocinillas.
http://es.answers.yahoo.com/info/welcome
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071130/dafb55ae/attachment.htm