[Softlibre-edugal] MAGASIX: personalización de Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon para educación

Manuel G. Regal mgregal en yahoo.es
Xov Out 18 00:13:04 CEST 2007


Ola  a tod en s,

Un novo producto da factoría MAGASI: o MAGASIX. 

Trátase dunha 'distro' pensada para o ensino (e o resto da xente). A modo de resumo:

- Baseada en Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon, a nova versión de Ubuntu.
- Ten unha chea de aplicacións preinstaladas e listas para ser usadas desde infantil ata o mundo empresarial, pasando pola ESO, BAch., ciclos formativos e universidade.
- No menú de aplicacións hai unha sección Educación con subseccións para facilitar a localización das aplicacións.
- O navegador Firefox  ten 'preinstalados' un montón de ligazóns relativos á webs educativas, software libre, UNIX/Linux, cultura e lingua galega, ...
- Ten cargado o soporte de idiomas para galego, español, catalán, euskera, inglés, francés, alemán e portugués.
- Permite traballar en modo live-cd e/ou instalalo en disco dun xeito moi sinxelo.

Para saber máis visitade a páxina do proxecto: http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi

Neste momento xa están dispoñibles unhas cantas fotos para ver o MAGASIX en acción e ó longo do xoves 18 de outubro xa se poderá descargar da web (cando o proceso de subida remate, que vai moi, moi, moi lento). Por certo, ó descargar o MAGASIX tamén descargades o MAGASI; é dicir, que se metedes o DVD en Windows podedes acceder á colección de software libre para Windows e se arrincades o equipo co DVD traballaredes co MAGASIX Linux.

Espero que vos guste e xa sabedes, se tedes suxestións (ou críticas), facédemolo saber para mellorar.

Un saúdo
Manuel González Regal
http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi



       
____________________________________________________________________________________
Sé un Mejor Amante del Cine                         
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden!
http://advision.webevents.yahoo.com/reto/entretenimiento.html
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071017/18c6bcb0/attachment.htm