[Softlibre-edugal] MAGASIX: personalización de Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon para educación
Cesareo Garci’a Rodicio
cesareo en cesareox.com
Xov Out 18 16:33:57 CEST 2007
Hola
Noraboa polo traballo! Xusto ó tempo da publicación oficial da nova
versión de Ubuntu, e supoño que con moitos menos recursos :-)
Saúdos
Cesáreo
Manuel G. Regal escribió:
> Ola a tod en s,
>
> Un novo producto da factoría MAGASI: o MAGASIX.
>
> Trátase dunha 'distro' pensada para o ensino (e o resto da xente). A
> modo de resumo:
>
> - Baseada en Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon, a nova versión de Ubuntu.
> - Ten unha chea de aplicacións preinstaladas e listas para ser usadas
> desde infantil ata o mundo empresarial, pasando pola ESO, BAch., ciclos
> formativos e universidade.
> - No menú de aplicacións hai unha sección Educación con subseccións para
> facilitar a localización das aplicacións.
> - O navegador Firefox ten 'preinstalados' un montón de ligazóns
> relativos á webs educativas, software libre, UNIX/Linux, cultura e
> lingua galega, ...
> - Ten cargado o soporte de idiomas para galego, español, catalán,
> euskera, inglés, francés, alemán e portugués.
> - Permite traballar en modo live-cd e/ou instalalo en disco dun xeito
> moi sinxelo.
>
> Para saber máis visitade a páxina do proxecto:
> http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi
>
> Neste momento xa están dispoñibles unhas cantas fotos para ver o MAGASIX
> en acción e ó longo do xoves 18 de outubro xa se poderá descargar da web
> (cando o proceso de subida remate, que vai moi, moi, moi lento). Por
> certo, ó descargar o MAGASIX tamén descargades o MAGASI; é dicir, que se
> metedes o DVD en Windows podedes acceder á colección de software libre
> para Windows e se arrincades o equipo co DVD traballaredes co MAGASIX Linux.
>
> Espero que vos guste e xa sabedes, se tedes suxestións (ou críticas),
> facédemolo saber para mellorar.
>
> Un saúdo
> Manuel González Regal
> http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> Sé un Mejor Amante del Cine
> ¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden!
> <http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/beabetter/*http://advision.webevents.yahoo.com/reto/entretenimiento.html>.
>
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal