[Softlibre-edugal] MAGASIX: personalización de Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon para educación
Manuel G. Regal
mgregal en yahoo.es
Xov Out 18 21:27:03 CEST 2007
Ola,
Grazas polo aviso e pola aplicación (ten moi boa pinta e seguro que os compañeiros da rama de electrónica saberán aproveitalo).
En canto a que aporta sobre as outras distros, explico o motivo do nacemento do MAGASIX:
Desde hai algún tempo estaba traballando para facer unha personalización dunha distro pensando na miña asignatura (son profe de informática e imparto o módulo de redes no ciclo de ASI en Negreira e interésame o tema da seguridade informática), de xeito que estivesen instaladas aplicacións (e manuais) que a min me interesan pero que noutras distros non aparecían. Un sistema a medida que permita ós alumnos traballar tanto para tarefas de escritorio normais coma tarefas moi específicas de redes, cun sistema personalizado, potente, seguro, amigable e cun bo soporte en cuestión de idiomas.
Moitas distros orientadas á educación teñen (segundo o meu punto de vista) moi presentes á educación infantil, primaria, secundaria e incluso Bach., pero esquecen ós ciclos formativos (e universidade); é dicir, a zona educativa que a min máis me interesa e ... polo tanto deixan de lado ós futuros técnicos e profesionais ¡¡que o día de mañá tomarán decisións e/ou orientarán a empresas/clientes en temas de software!!. Aproveitando as probas e experimentos feitos, e que o MAGASI CD vai pasar a formato DVD, decidín facer unha personalización de Ubuntu de carácter xeral que permita traballar cunha distro de Linux potente e aproveite algúns dos GigaBytes libres que quedarán no MAGASI DVD.
Probei algunhas das que ti dis, e cada unha ten cousas moi boas, pero quixen facer ó que a min me pareceu máis interesante. Parece que hai un concurso entre as administracións en sacar distros educativas (¿non sería máis normal aunar esforzos e que o ministerio tendo en conta as necesidades de todos saque e manteña unha?), e a ventaxa que eu teño é a liberdade para meter os programas que me parezan interesantes, ligazóns, manuais, escoitar ideas e consellos de compañeiros, non depender dunha xerarquía que pode estar máis intersada en saír na prensa e difundir unha imaxe corporativa que en facer algo que realmente chegue a usarse e sexa útil (non digo que sexa o caso de todas e que teñan que renunciar a publicitar o seu traballo).
Escollín Ubuntu 7.10 por parecerme sinxela para usuarios finais, ter funcionalidades 'de fábrica' moi interesantes, facilidade para personalizar (moioto máis que OpenSUSE ou algún dos UNIX BSD) e por que o meu pai (usuario medio que empregou toda a vida o windows) foi quen de instalala, aprender a manexala él só e renunciar a windows (salvo por algún programiña do tomtom).
Por suposto, sei que facer que a xente use Linux (calquera) como sistema principal é complexo e depende de varios factores (entre eles que windows non é tan malo nin funciona tan mal como se di). Pero alguén se resistiría a empregar un windows feito a medida (ou casi)?
Perdón polo rollo
U n saúdo
Manuel
----- Mensaje original ----
De: mvillarino <mvillarino en gmail.com>
Para: softlibre-edugal en mancomun.org
Enviado: jueves, 18 de octubre, 2007 9:28:22
Asunto: Re: [Softlibre-edugal] MAGASIX: personalización de Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon para educación
O Xoves, 18 de Outubro de 2007, Manuel G. Regal escribiu:
> Espero que vos guste e xa sabedes, se tedes suxestións (ou
críticas),
> facédemolo saber para mellorar.
Só dúas cousas: onde na web pon kstarts debe dicir kstars, e na
sección de
electrónica/electricidade cumpre engadir o ktechlab (si, son un celote
;-)
Xa postos, que aporta sobre edubuntu, Xandros education, lorma, mEDUXa,
ou
Scholelinux?
--
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
____________________________________________________________________________________
Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden!
http://advision.webevents.yahoo.com/reto/entretenimiento.html
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071018/910561f3/attachment.htm