[Softlibre-edugal] "istononvai.org" sairá adiante
franmate en gmail.com
franmate en gmail.com
Dom Out 21 15:20:02 CEST 2007
Nuria e Xosé decidiron un día que a súa misión na terra era convencer
a todos e todas de que utilizaran ciclomotores. As motos son baratas e
contaminan menos, non entendían por que moitos seres humanos
utilizaban coches ruidosos, caros e moi contaminantes. Así que
comezaron unha campaña casa a casa, porta a porta, para convencer aos
seus veciños de que cambiaran os coches por ciclomotores.
No barrio xa había alguns que tiñan motos, pero seguían a utilizar os
coches, outros presumian de bos conductores, pero con coches roubados.
Tamén os había que nunca oiran falar dos ciclomotores, ou que pensaban
que iso era cousa de chiflados. Incluso atoparon un home que presumía
de ciclomotor, sempre estaba a falar do moito que o quería, pero que
polas oscuras noitos, e escondido dos veciños, conducía un enorme
todoterreo.
Despois de varias semanas de campaña, Nuria e Xosé decatáronse de que
a xente non quería as motos porque eran inestables, incómodas e as
veces había que fuchicar no motor para que funcionaran ben.
Comprenderon que a solución non era cambiar os coches polas motos,
senon fabricar coches baratos, silenciosos e non contaminantes.
Nuria e Xosé decidiron ese día comezar unha nova campaña para apoiar e
promocionar os coches baratos e non contaminantes, para convencer aos
seus veciños de que son mellores que os de sempre.
(Nuria e Xosé son persoaxes ficticias, calquera parecido coa realidad
es pura coincidencia).
Resumido de " Contos libres " del doctor T. Hodes