[Softlibre-edugal] Consulta sobre firewall en Linux CentOS
Vicente Martinez de Cestafe Ochoa de Eribe
gomaran en gmail.com
Mer Out 24 21:40:55 CEST 2007
Ola a todos:
Quero montar un firewall con CentOS nun servidor con 3 tarxetas (local, rede
da Xunta, adsl do instituto). Detrás da tarxeta de rede local hai switches
con varias subredes IP correspondendo a distintas aulas, despachos, ... O de
facelo en CentOS pode parecer matar unha mosca cun canón pero é porque teño
máis servidores con este sistema (minimizo a curva de aprendizaxe e o
esforzo de documentación) e quero aproveitar este sistema para outros
servizos. Quero que teña un front-end amigable para configurar
NAT,,redirección de portos cara a servidores internos, QoS, DMZ, VPN,
auditoría ... e a posibilidade de que un conxunto reducido de usuarios poida
levantar ou baixar o acceso NAT en cada subrede IP.
O mellor sistema de cortafogos do que teño referencia é Coyote que é un
Linux que cabe nun disquete e mesmo o teño montado no posto do profe con
Virtual PC para dar acceso NAT nunha aula güin2 e vai de marabilla. Pero
isto que quero facer agora son palabras maiores ...
Grazas por adiantado.
Vicente
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071024/a12ecccc/attachment.htm