[Softlibre-edugal] Arranque dual, problemas con linux e NTFS
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Ven Out 26 19:54:53 CEST 2007
Ola a todos,
descríbovos o seguinte problema.
*Temos equipos duales clientes coas seguintes características:*
Os equipos son usuados por distintos usuarios/alumnos (diurno, nocturno,
nos exames sentarse en equipo distinto ó de diario, etc)
Disco 1 coas seguintes particións:
1.- partición dos sistema windows xp. Validación de usuarios contra
o AD de windows 2003. Os usuarios non poden acceder a esta partición.
2.- partición do linux: ubuntu 7.04, validación de usuarios contra o
mesmo AD de windows 2003.
3.- Maquinas virtuais en NTFS. En windows cada usuario na raíz só
pode crear unha carpeta e dentro dela o que queira, pero ninguen lle
pode entrar nesa carpeta (salvo profes) nin el nas da raíz creadas por
outros usuarios.
Logo cada usuario creará as súas máquinas virtuais, que se se fan co
virtualbox, podese traballar con elas tanto en windows como en linux.
*Problema:*
O ubuntu 7.04 le e escribe ntfs, iniciando en linux, poñdese borrar
cousas da partición 1 e 3 sen problemas, con non montar a partición, xa
está medio problema resolto.
O problema está na partición 3, onde si queremos que o alumno escriba
tanto en linux como en windows, pero que non poida borrar a dos compañeiros.
*Proposta de solución:*
Esta fin de semana vou probar a seguinte ocurrencia:
Montar a 3ª partición só con permisos de root no linux, compartila por
samba, e montala no mesmo equipo por samba para os demais usuarios, así
supoño que debería seguir tendo en conta os permisos ntfs, que se lle
puxeron dende o windows.
Alguén podería darme outra solución?, antes de probar a anterior.
Saudos e grazas.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071026/bfdd5f42/attachment.htm