[Softlibre-edugal] Arranque dual, problemas con linux e NTFS

oscar casal oscar.casal en gmail.com
Ven Out 26 22:06:02 CEST 2007


   Pois o bit sticky que é co que está creado o /tmp

drwxrwxrwt  15 root root   520 2007-10-26 21:28 tmp

   Que é esa t que ves o final e que indica que só pode borrar un
ficheiro o seu dono, non outra persoa, é un dos 3 permisos especiais
de linux

El 26/10/07, Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es> escribió:
>
>  Ola a todos,
>  descríbovos o seguinte problema.
>
>  Temos equipos duales clientes coas seguintes características:
>  Os equipos son usuados por distintos usuarios/alumnos (diurno, nocturno,
> nos exames sentarse en equipo distinto ó de diario, etc)
>
>  Disco 1 coas seguintes particións:
>      1.- partición dos sistema windows xp. Validación de usuarios contra o
> AD de windows 2003. Os usuarios non poden acceder a esta partición.
>      2.- partición do linux: ubuntu 7.04, validación de usuarios contra o
> mesmo AD de windows 2003.
>
>      3.- Maquinas virtuais en NTFS. En windows cada usuario na raíz só pode
> crear unha carpeta e dentro dela o que queira, pero ninguen lle pode entrar
> nesa carpeta (salvo profes) nin el nas da raíz creadas por outros usuarios.
>  Logo cada usuario creará as súas máquinas virtuais, que se se fan co
> virtualbox, podese traballar con elas tanto en windows como en linux.
>
>  Problema:
>  O ubuntu 7.04 le  e escribe ntfs, iniciando  en linux, poñdese borrar
> cousas da partición 1 e 3 sen problemas, con non montar a partición, xa está
> medio problema resolto.
>   O problema está na partición 3, onde si queremos que o alumno escriba
> tanto en linux como en windows, pero que non poida borrar a dos compañeiros.
>
>
>  Proposta de solución:
>  Esta fin de semana vou probar a seguinte ocurrencia:
>
>  Montar a 3ª partición só con permisos de root no linux, compartila por
> samba, e montala no mesmo equipo por samba para os demais usuarios, así
> supoño que debería seguir tendo en conta os permisos ntfs, que se lle
> puxeron dende o windows.
>
>  Alguén podería darme outra solución?, antes de probar  a  anterior.
>
>
>  Saudos e grazas.
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>


-- 
******************************************************
Óscar Casal Sánchez
Dpto. Electrónica y Computación
Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
15782 Santiago de Compostela, España
Tfno: +34 981563100 Ext 13568
******************************************************