[Softlibre-edugal] Arranque dual, problemas con linux e NTFS
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Sab Out 27 00:16:17 CEST 2007
oscar casal escribiu:
> Pois o bit sticky que é co que está creado o /tmp
>
> drwxrwxrwt 15 root root 520 2007-10-26 21:28 tmp
>
> Que é esa t que ves o final e que indica que só pode borrar un
> ficheiro o seu dono, non outra persoa, é un dos 3 permisos especiais
> de linux
>
>
Xa iso, si, pero a miña pregunta vai noutro senso, esa terceira
partición esta en NTFS, e vese dende os dous sistemas, e o caso e que
sen facer nada calquera usuario en linux, pode eliminar todo o desa
terceira particion creado en windows por outro usuario (windows). Ese é
o problema.
Grazas de tódolos xeitos.
Saudos
> El 26/10/07, Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es> escribió:
>
>> Ola a todos,
>> descríbovos o seguinte problema.
>>
>> Temos equipos duales clientes coas seguintes características:
>> Os equipos son usuados por distintos usuarios/alumnos (diurno, nocturno,
>> nos exames sentarse en equipo distinto ó de diario, etc)
>>
>> Disco 1 coas seguintes particións:
>> 1.- partición dos sistema windows xp. Validación de usuarios contra o
>> AD de windows 2003. Os usuarios non poden acceder a esta partición.
>> 2.- partición do linux: ubuntu 7.04, validación de usuarios contra o
>> mesmo AD de windows 2003.
>>
>> 3.- Maquinas virtuais en NTFS. En windows cada usuario na raíz só pode
>> crear unha carpeta e dentro dela o que queira, pero ninguen lle pode entrar
>> nesa carpeta (salvo profes) nin el nas da raíz creadas por outros usuarios.
>> Logo cada usuario creará as súas máquinas virtuais, que se se fan co
>> virtualbox, podese traballar con elas tanto en windows como en linux.
>>
>> Problema:
>> O ubuntu 7.04 le e escribe ntfs, iniciando en linux, poñdese borrar
>> cousas da partición 1 e 3 sen problemas, con non montar a partición, xa está
>> medio problema resolto.
>> O problema está na partición 3, onde si queremos que o alumno escriba
>> tanto en linux como en windows, pero que non poida borrar a dos compañeiros.
>>
>>
>> Proposta de solución:
>> Esta fin de semana vou probar a seguinte ocurrencia:
>>
>> Montar a 3ª partición só con permisos de root no linux, compartila por
>> samba, e montala no mesmo equipo por samba para os demais usuarios, así
>> supoño que debería seguir tendo en conta os permisos ntfs, que se lle
>> puxeron dende o windows.
>>
>> Alguén podería darme outra solución?, antes de probar a anterior.
>>
>>
>> Saudos e grazas.
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal
>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>
>>
>>
>
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071027/30a55563/attachment.htm