[Softlibre-edugal] Arranque dual, problemas con linux e NTFS
Dámaso Hernández
damaso.hc en gmail.com
Lun Out 29 10:46:08 CET 2007
Ola Carlos. Probaches a traballar con VirtualBox dende Linux cos ficheiros
da máquina nunha partición NTFS?
Eu probei cun disco esterno USB en FAT32 e o VitualBox non funcionaba. A
mesma máquina no disco local funcionaba correctamente. O solucionei dando
formato á partición do disco externo con ext3 e usando un driver para
acceder dende Windows.
Saúdos.
Dámaso.
El día 26/10/07, Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es> escribió:
>
> Ola a todos,
> descríbovos o seguinte problema.
>
> *Temos equipos duales clientes coas seguintes características:*
> Os equipos son usuados por distintos usuarios/alumnos (diurno, nocturno,
> nos exames sentarse en equipo distinto ó de diario, etc)
>
> Disco 1 coas seguintes particións:
> 1.- partición dos sistema windows xp. Validación de usuarios contra o
> AD de windows 2003. Os usuarios non poden acceder a esta partición.
> 2.- partición do linux: ubuntu 7.04, validación de usuarios contra o
> mesmo AD de windows 2003.
>
> 3.- Maquinas virtuais en NTFS. En windows cada usuario na raíz só pode
> crear unha carpeta e dentro dela o que queira, pero ninguen lle pode entrar
> nesa carpeta (salvo profes) nin el nas da raíz creadas por outros usuarios.
> Logo cada usuario creará as súas máquinas virtuais, que se se fan co
> virtualbox, podese traballar con elas tanto en windows como en linux.
>
> *Problema:*
> O ubuntu 7.04 le e escribe ntfs, iniciando en linux, poñdese borrar
> cousas da partición 1 e 3 sen problemas, con non montar a partición, xa está
> medio problema resolto.
> O problema está na partición 3, onde si queremos que o alumno escriba
> tanto en linux como en windows, pero que non poida borrar a dos compañeiros.
>
>
> *Proposta de solución:*
> Esta fin de semana vou probar a seguinte ocurrencia:
>
> Montar a 3ª partición só con permisos de root no linux, compartila por
> samba, e montala no mesmo equipo por samba para os demais usuarios, así
> supoño que debería seguir tendo en conta os permisos ntfs, que se lle
> puxeron dende o windows.
>
> Alguén podería darme outra solución?, antes de probar a anterior.
>
>
> Saudos e grazas.
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20071029/10744dfb/attachment.htm