[Softlibre-edugal] Claudio F. Filho exporá as vantaxes do Software Libre e os estándares abertos na Universidade de Vigo
Carlos Rodriguez
capri99 en gmail.com
Xov Set 20 18:47:43 CEST 2007
O coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de
BrOffice.org, Claudio F. Filho, ofrecerá o próximo martes 25 de Setembro unha
conferencia na Universidade de Vigo para explicar as vantaxes do Software
Libre e o emprego de estándares recoñecidos internacionalmente por
organizacións independentes e non por compañÃas privadas como tenta facer
Microsoft co seu formato OOXML.
Esta compañÃa foi multada pola Comisión Europea a pagar unha multa de case 500
millóns de euros no 2004 por abusar da súa posición dominante e o Tribunal da
Unión Europea rexeitou o recurso de Microsoft esta semana pasada.
Ademais, a proposta do formato OOXML como estándar internacional presentada
por esta compañÃa foi rexeitada polo organismo internacional ISO/IEC despois
de observar comportamentos irregulares en varios comités.
Os datos da conferencia:
* Data: 25 de Setembro 2007
* Lugar: Universidade de Vigo. E.T.S.E de Telecomunicacións de Vigo. Salón
de Actos. Campus de Lagoas - Marcosende (Plano de localización )
* Hora: 16:30h
* Entrada libre e gratuita.
Este evento está organizado por GALPon e conta coa colaboración da propia
Universidade de Vigo, a E.T.S.E. de Telecomunicacións e a asociación AGNIX.
Nota orixinal:
http://www.galpon.org/drupal/Software_Libre_por_Claudio_Filho_na_Uvigo
--
-----------------------------------------
Carlos RodrÃguez <capri99 en gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99 en ekiga.net>
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: This is a digitally signed message part.
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070920/a9a476d8/attachment.pgp