[Softlibre-edugal] Fwd: Problema con pizarra dixital Smart

Xose Vidal xose.vidal en gmail.com
Mar Abr 1 00:25:55 CEST 2008


Graciñas Vicente. Irei ver, aínda que me custa ler en inglés.

2008/3/31, Vicente Martinez de Cestafe Ochoa de Eribe <gomaran en gmail.com>:
> Benvido ó mundo Linux onde a filosofía é  se non funciona... non pasa nada
> "make it yourself with a little help". Eu son un fan de Google (ata agora
> conseguín resolver a meirande parte dos problemas de administración linux
> grazas a el) e googleando atopei esta páxina
> http://ubuntuforums.org/showthread.php?t=690336  segundo
> comentan nela de momento o smart board funciona coa Ubuntu 6.06 LTS...
>
> Moita sorte e xa nos contarás
>
> Vicente Martínez de Cestafe Ochoa de Eribe
>
>
> El día 31/03/08, Xose Vidal <xose.vidal en gmail.com> escribió:
> >
> > ---------- Forwarded message ----------
> > From: Xose Vidal <xose.vidal en gmail.com>
> > Date: 31/03/2008 10:03
> > Subject: Problema con pizarra dixital Smart
> > To: softlibre-edugal en yahoogroups.com
> >
> >
> > Ola a todos. Son Xosé V.  Traballo nun centro de primaria de 15
> >   unidades como coordinador TIC.  Non teño ningún tipo de formación como
> >   técnico de informática, e véxome bastante novato. Conto
> >   coa axuda dun amigo que si entende destas cousas e que me resolve
> >   dúbidas. Temos ordenadores na sala de informática e instalado Windows
> >   (nos máis vellos) e Ubuntu e Windows nos máis novos. Utilizo por
> >   defecto Ubuntu e de momento todo marcha ben. A infraestrutura é moi
> >   sinxela e tan sequera temos servidor no colexio. Os grupos de
> >   alumnos/as son reducidos, de 15 como moito. Eu fío todo a internet é a
> >   web 2.0 e de momento sigo vivo. Traballamos basicamente en
> >   mecanografía, actividades JClic, actividades online tipo "contidos da
> >   Xunta", e elaborar entradas para o blog do colexio, todo online (salvo
> >   algunha excepción).
> >
> >   Pero aínda non conseguín facer funcionar a pizarra dixital con Ubuntu.
> >   Teño unha pizarra Smart, un canón proxector EPSON M-745 (dígoo de
> >   memoria) con conexión inalámbrica. Instalei o software preciso en
> >   Ubuntu... o ordenador detecta e recoñece a pizarra, conéctase á rede
> >   inalámbrica...  pero non consigo que se visualice a pizarra na
> >   pantalla do meu ordenador. Sen embargo, se escribo na pizarra dixital
> >   si que podo visualizalo no monitor do meu ordenador... vamos que xusto
> >   está o mundo ao revés.  Non sei onde está o problema. Sospeito da
> >   falta de drivers do proxector EPSON. Se alguén pode darme algunha idea
> >   é de agradecer ;-)
> > _______________________________________________
> > Lista de correo Softlibre-edugal
> > Softlibre-edugal en mancomun.org
> >
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
> >
>
>
> _______________________________________________
>  Lista de correo Softlibre-edugal
>  Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>