[Softlibre-edugal] Consulta sobre seguridade en Samba.
Vicente Martinez de Cestafe Ochoa de Eribe
gomaran en gmail.com
Sab Abr 5 10:29:00 CEST 2008
Ola:
Quero montar compartición de arquivos en samba no meu centro e neste momento
teño algunhas dúbidas que me gustaría despexar á luz da vosa experiencia.
A pregunta é ¿estades a usar POSIX ACLs, si ou non?.
Vantaxes que vexo:
- máis flexibilidade para configurar a seguridade
- pódense definir ACLs dende o cliente Windows que o samba traduce a
ACLs POSIX (ainda que pode que non sexa tanta vantaxe: despista bastante ós
usuarios de Windows, porque hai combinacións exotéricas que non se poden
establecer)
Inconveniente gordo que atopei, caída no rendemento (sobre todo no sistema
de arquivos ext3
(http://www.suse.de/~agruen/acl/linux-acls/online/<http://www.suse.de/%7Eagruen/acl/linux-acls/online/>)
E de non usar POSIX ACLs, só queda traballar á nivel de compartición. Aquí
só vexo 2 alternativas:
- Definir accesos en smb.conf con "write list", etc (
http://www.logadmin.net/2007/01/un-mini-howto-de-los-permisos-en-samba_5333.html
)
- Ou en /var/cache/samba/share_info.tdb mediante MMC dende un posto
windows
¿qué sistema usades para configurar a seguridade a nivel de compartición?.
Moitas grazas
Vicente Martínez de Cestafe
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080405/88b77945/attachment.htm