[Softlibre-edugal] Consulta sobre seguridade en Samba.
Vicente Martinez de Cestafe Ochoa de Eribe
gomaran en gmail.com
Dom Abr 6 09:44:25 CEST 2008
Moitas grazas Manuel pola información.
Estou xogando cos permisos Linux.
Quero que os usuarios non poidan cambiar os permisos da súa carpeta home
para que outros usuarios non poidan acceder a ela. O que fixen foi poñer a
root como propietario e dar a cada usuario un grupo propio e establecín os
permisos 770. Todo vai ben ata que o usuario fai login dende o contorno
gráfico, de pronto e de xeito inexplicable os permisos cambian a 711.
¿Hai algunha alternativa?.
Saudos
Vicente Martínez de Cestafe
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080406/375a00c9/attachment-0001.htm