[Softlibre-edugal] Material dun curso de OpenOffice.org

José Troncoso troncoso en mundo-r.com
Mer Abr 23 19:08:14 CEST 2008


Ola a todos:

Voume presentar. Son profesor de inglés no IES Santa Irene, de Vigo, e 
anteriormente ocupeime da administración da rede docente doutro instituto, 
onde quixen facer unha migración a SwL, pero fracasei e desde entón mantéñome 
apartado das aulas de informática, que son unha fonte de frustración para 
mín, con escritorios compartidos cheos de lixo, fiestras emerxentes que non 
paran de dar a lata, etc.

O caso é que desde hai máis dun ano veño participando en cursiños sobre SwL 
organizados por GALPon, e agora acabo de rematar un Obradoiro de OOo na 
Universidade de Vigo. Por comodidade, puxen case todo o material na web, e o 
publico baixo licencia GFDL para que todo o mundo poida usalo libremente. 
Estaría moi satisfeito se lle fose de utilidade a alguén.

http://www.troncoso.info/OOo/

Un saúdo,
-- 
José A. Fernández Troncoso
http://www.troncoso.info
   Linux User #454805