[Softlibre-edugal] Material dun curso de OpenOffice.org

Cesareo Garci’a Rodicio cesareo en cesareox.com
Mer Abr 23 23:01:07 CEST 2008


Hola!

Estívenlle botando un ollo e está moi ben documentado. Hai exemplos 
(arquivos fonte) que me parecen moi claros.

Vouno apuntar nos meus materiais de referencia para OpenOffice.

Saúdos
Cesáreo

José Troncoso escribió:
> Ola a todos:
> 
> Voume presentar. Son profesor de inglés no IES Santa Irene, de Vigo, e 
> anteriormente ocupeime da administración da rede docente doutro instituto, 
> onde quixen facer unha migración a SwL, pero fracasei e desde entón mantéñome 
> apartado das aulas de informática, que son unha fonte de frustración para 
> mín, con escritorios compartidos cheos de lixo, fiestras emerxentes que non 
> paran de dar a lata, etc.
> 
> O caso é que desde hai máis dun ano veño participando en cursiños sobre SwL 
> organizados por GALPon, e agora acabo de rematar un Obradoiro de OOo na 
> Universidade de Vigo. Por comodidade, puxen case todo o material na web, e o 
> publico baixo licencia GFDL para que todo o mundo poida usalo libremente. 
> Estaría moi satisfeito se lle fose de utilidade a alguén.
> 
> http://www.troncoso.info/OOo/
> 
> Un saúdo,