[Softlibre-edugal] Material dun curso de OpenOffice.org

Xose Vidal xose.vidal en gmail.com
Mer Abr 23 23:57:29 CEST 2008


Moitas grazas José polo traballo feito, que a min impresióname, e
porque o poñas a disposición da comunidade (xa o enlazo no meu blog).
Lamento que fracasases nesa experiencia que contas, pero intúo que ti
non eres dos que te rindes facilmente. Recoñecer unha batalla perdida
é o primeiro paso para gañar a seguinte. É boa estratexia armarse con
máis coñecementos e estar atento para a próxima oportunidade, e ir
buscando aliados entretanto.

Aproveito tamén esta ocasión para facer unha chamada aos participantes
nesta lista. Trátase sobre a solicitude de equipamentos informáticos
para os centros educativos de Galicia (e disculpas se non é
propiamente un tema de SwL). Dende a páxina web de "agorarede" (grupo
de profesorado galego implicado en impulsar o uso das TIC)
http://agorarede.ning.com/group/aulasticparaoensinogalego lánzase unha
proposta reivindicativa de equipamentos TIC para os centros
educativos, pois estímase que a situación actual é moi precaria.

Descoñezo se hai outras propostas nesta liña. Sei que hai un grupo de
xente vencellada ao software libre que mantén xuntanzas coa
Consellería de Educación, en relacion cunha Estratexia TIC na
educación galega, e non sei se recolle demandas en equipamentos. Se
alguén me puidese ampliar esta información será de agradecer. Xose.


2008/4/23 José Troncoso <troncoso en mundo-r.com>:
> Ola a todos:
>
>  Voume presentar. Son profesor de inglés no IES Santa Irene, de Vigo, e
>  anteriormente ocupeime da administración da rede docente doutro instituto,
>  onde quixen facer unha migración a SwL, pero fracasei e desde entón mantéñome
>  apartado das aulas de informática, que son unha fonte de frustración para
>  mín, con escritorios compartidos cheos de lixo, fiestras emerxentes que non
>  paran de dar a lata, etc.
>
>  O caso é que desde hai máis dun ano veño participando en cursiños sobre SwL
>  organizados por GALPon, e agora acabo de rematar un Obradoiro de OOo na
>  Universidade de Vigo. Por comodidade, puxen case todo o material na web, e o
>  publico baixo licencia GFDL para que todo o mundo poida usalo libremente.
>  Estaría moi satisfeito se lle fose de utilidade a alguén.
>
>  http://www.troncoso.info/OOo/
>
>  Un saúdo,
>  --
>  José A. Fernández Troncoso
>  http://www.troncoso.info
>    Linux User #454805
>  _______________________________________________
>  Lista de correo Softlibre-edugal
>  Softlibre-edugal en mancomun.org
>  http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>