[Softlibre-edugal] Servidor LTSP funcionando. POR FIN!!!
Vili
vili.cedeira en gmail.com
Mer Abr 30 10:50:29 CEST 2008
Ola! Despóis de moitos atrancos, consegúin poñer en marcha o servidor.
Esperéi á nova versión do UBUNTU, e decir que foi moi, moi doado. Aquí vos
deixo os pasos que seguín, para que vos animedes.
Primeiro dar as grazas a todos aqueles que me axudaron á configuración do
servidor hai un par de meses. Sen embargo non fun quen de seguir as
indicacións e non conseguín poñelo en marcha. Agora, coa nova versión de
UBUNTU, non tiben apenas atrancos.
*
*
*SERVIDOR LTSP CON UBUNTU*
Versión UBUNTU: 8:04. Alternate CD.
O servidor terá que ter dúas tarxetas de rede. Eu compréi unha que o
vendedor me dixo que era boa, pero de ningunha marca coñecida. A tarxeta que
utilizo para a conexión do servidor a Internet é a *eth1*; a tarxeta para a
rede de terminais lixeiros é a *eth0.*
Reiníciase o servidor para que arranque co CD de UBUNTU. Unha vez
seleccionado a linguaxe "Español", púlsase a tecra F4. Ábrese entón un menú
e elixo "Ltsp instalation". (Instrucciones en
https://wiki.edubuntu.org/HardyClassroomServer)
Comeza a instalación do sistema, onde teño que darlle a configuración da IP
do ordeador na parte da rede a internet (non da miña rede de terminais
lixeiros).
Durante a instalación sáeme a seguinte mensaxe de erro, cando está
construindo o entorno restringido para LTSP "*No interface for usage with
the LTSP Server. Please, configure the file /etc/ltsp/dhcp.conf manually to
point a valid static interface after the instalation finished*". Así que
deixo a modificación deste archivo para cando remate a instalación, tal e
como me suxire. Cando remata a instalación edito o archivo */etc/ltsp/dhcp.conf
e o deixo *tal que así:
#
# LTSP dhcpd.conf config file.
authoritative;
subnet 192.168.0.0 netmask 255.255.255.0 {
range 192.168.0.20 192.168.0.250;
option domain-name "example.com";
option domain-name-servers 192.168.0.1;
option broadcast-address 192.168.0.255;
option routers 192.168.0.1;
option subnet-mask 255.255.255.0;
option root-path "/opt/ltsp/i386";
if substring( option vendor-class-identifier, 0, 9 ) = "PXEClient" {
filename "/ltsp/i386/pxelinux.0";
} else {
filename "/ltsp/i386/nbi.img";
}
}
O arquivo /etc/network/interfaces queda:
# This file describes the network interfaces available on your system
# and how to activate them. For more information, see interfaces(5).
# The loopback network interface
auto lo
iface lo inet loopback
# The primary network interface
iface eth1 inet static
address 69.52.184.76
netmask 255.255.255.0
gateway 69.52.184.1
auto eth1
iface eth0 inet static
address 192.168.0.254
netmask 255.255.255.0
auto eth0
Agora engado os paquetes *thin-client-manager-gnome* e
*ltsp-manager,*mediante o Synaptic.
Probo a arrancar o meu primeiro terminal lixeiro (un Pentiun a , con 128 Mb
de RAM). Este ten unha tarxeta arrancable por rede. E, maxia potaxia, obten
do servidor a dirección de rede, o kernel, carga o entorno gráfico e chega a
hora de logear. Entón sae un erro : "*This workstation isn't authorized to
connect to the server*"
Busco en internet esta mensaxe de erro, e sáeme a solución (que aínda que
non entendo ben en que consiste, funciona de maravilla, e sen
complicacións). Esta é dar as ordes seguintes nunha consola:
sudo bash
ltsp-update-sshkeys
ltsp-update-image
E agora SIII!!. O terminal lixeio logea perfectamente, e executa as
aplicacións a unha velocidade alucinante.
Esta nova versión de UBUNTU instala por defecto o *compiz*, que ten efectos
espectaculares, pero comen recursos ó servidor. Como é algo superfluo
desinstaléi todos os paquetes deste, co fin de conseguir máis rendemento na
miña rede LTSP (en realidade non sei se lle afecta, pero supoño que si).
Agora me queda ampliar a memoria do servidor a 2 Gb polo menos para que
aguante de 15 termináis lixeiros, e conectar estos. E tamén probar o
arranque por diskette... E tamén instalar un *VNC servidor* nos clientes,
para poder ver no servidor se os alumnos están a traballar ou a ver vídeos
do youtube... E tamén compartir o escritorio do servidor nos clientes, moi
útil en caso de que non teñamos proxector na aula... E de seguro que
quedarán máis cousas, pero por hoxe xa estibo ben.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080430/18a78115/attachment.htm
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : Configurar rede LTSP.odt
Tipo : application/vnd.oasis.opendocument.text
Tamaño : 19133 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080430/18a78115/attachment.odt