[Softlibre-edugal] Reunión coa conselleira de Educación

Roberto Brenlla brenlla en gmail.com
Mar Feb 19 07:25:43 CET 2008


Olá,

Como xa sabedes, hai case que un ano comezamos abrir unha canle coa
que poder transmitir á Consellería de Educación as nosas inquedanzas e
ideas en materia TIC, especialmente referida ao SwL. Mantivemos unha
primeira reunión diversos GUGLs, algúns profesores e mailo SIEGA.
Acontecera en marzo de 2007.

Despois houbo unha segunda xuntanza a primeiros deste curso académico
á que acudiron menos persoas. Nela decidiuse unha estratexia de
comunicación e quen representaría esta iniciativa na que será a
agardada reunión coa conselleria, Laura Sánchez Piñón.

Daquela este vindeiro venres 22 de febreiro irán á entrevista:
-Benjamín Lois por parte do SIEGA
-Os profesores Carlos Carrión e Manuel Morán
-Roberto Brenlla

Por suposto, teredes información do que aconteza nesta reunión.

Saúdos,
-- 
Roberto Brenlla
CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L.
http://www.tegnix.com
http://www.agnix.org
http://brenlla.blogaliza.org/
VoIP: brenlla en ekiga.net