[Softlibre-edugal] interrumpir só internet
Vicente Martinez de Cestafe Ochoa de Eribe
gomaran en gmail.com
Ven Feb 29 11:34:42 CET 2008
A solución que tes non é boa. Os cables cando menos se lles toque, millor.
A conexión mecánica vaise deteriorando, teño vistos moitos fallos de rede
causados por que o cable non está correctamente insertado ou algun dos pins
non fai correctamente o contacto. É moito millor unha solución software
(entre outras cousas vaite permitir controlar a conexión remotamente ou
programar horas de desconexión, ...)
No meu centro mouteille o profe de TecnoloxÃa un acceso NAT na aula dun
xeito moi doado. O posto do profe (que so ten unha tarxeta de rede) ten un
enderezo IP de internet (dos do tipo 69.53.*.*) . Neste posto hai un
juindows no que instalo o virtual PC (pódese descargar da páxina de "μ-soft"
(o monopolio).
Sobre virtual PC monto o Coyote que é un linux que cabe nun disquete e que
está preparado para dar acceso NAT. (O acceso NAT vaite permitir, aparte de
navegar por Internet, acceder dende outros clientes como Outlook, Skype, ...
A configuración é doada e non quero entrar agora en detalles; pero se o
intentas e tes problemas, dimo.
Saúdos
Vicente
El dÃa 28/02/08, bbfernandez en edu.xunta.es <bbfernandez en edu.xunta.es>
escribió:
>
> Hola, a aula de informática do meu cole ten un switch para a rede, cando
> non queremos que o alumnado vaia a internet, desconectamos o porto de
> entrada de internet no switch (o que vén dende o router, algo asÃ). Ten o
> inconvinte de que a algúns profes non lles gusta, lles dá medo, non o
> saben….e, ademáis queremos meter nun armariño ese tinglado co que queremos
> poñer un interruptor ou algo asà de fácil e intuitivo co que se desconecte
> internet pero siga funcionando a rede interna. Estivemos buscando por un
> interruptor de 8 polos, dixéronme que hai 1 cable de alimentación no utp e
> que con que o interruptor corte ese cable xa é suficiente….non sei se é asÃ,
> gustarÃame saber a cor dese(s) cables.
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080229/eb79d4cc/attachment.htm