[Softlibre-edugal] Axuda para montar un servidor LTSP baixo Edubuntu

Pedro Silva goretoxo en gmail.com
Xov Xan 24 09:47:58 CET 2008


boas!

imaxino que estas usando o edubuntu server 7.10, non?

ainda que non o decian na documentacion, o sistema ven "casi montado", e
eu atopei que era preciso facer alguns cambios aqui e acola para que
todo funcionase. Transcriboche a segunda parte do que anotei, unha vez
que tes instalado o servidor.

--------------------------------------------------------------
-Temos que actualizar o sistema, e o chroot. Pero antes, temos que
eliminar como fonte de software o cdrom. Editamos /etc/apt/sources.list,
e eliminamos as liñas que fan referéncia ao cdrom. Despois facemos desde
o terminal:

sudo apt-get update
sudo apt-get upgrade

Para actualizar o chroot que empregan os clientes lixeiros:

sudo cp /etc/apt/sources.list /opt/ltsp/i386/etc/apt/
sudo cd /opt/ltsp/
sudo cdroot i386
apt-get update
apt-get upgrade
exit (e saímos do entorno chroot)

E xa teremos a imaxe dos terminais actualizada.
-Instalar un par de paquetes que faltan:

sudo apt-get install nfs-kernel-server x11vnc vncserver

-Configurar a exportacion das X nos clientes:

sudo chroot /opt/ltsp/i386

editar /etc/rc.local para engadir unha liña antes do “exit 0”:
x11vnc -display :6 -rfbauth /root/.vnc/passwd -forever -shared -loop &

mv /etc/rc2.d/K99rc.local /etc/rc2.d/S99rc.local
vncpasswd (e escribimos un contrasinal para exportar as X)

Unha vez que rematamos de facer cambios no entorno chroot, temos que
xenerar a imaxe del, con:

ltsp-update-image

O seguinte será recoller os discos de arrinque das tarxetas de rede dos
clientes.
Para iso, temos que saber o chip que leva cada unha, ben arrincando o
sistema cunha live-cd tipo damnsmall, ou ben abrindo a maquina e ollando.
Sabendo qué chip ten a nosa tarxeta de rede, so temos que ir a esta
lista(http://www.etherboot.org/db/) , e atopar a súa referencia en
rom-o-matic. Na columna onde di “stable devel” para cada modelo, temos a
ligazon á descarga en rom-o-matic. Xa nesta páxina teremos que escoller
entre descargar o floppy, ou a iso para facer un CD de arrinque.

-Xa case rematando, só teremos que arrincar o cliente co medio de
arrinque metido, e agardar. Por suposto, os clientes terán que estar
conectados á ethernet que quedou como “secundaria” durante o proceso de
instalación


Os usuarios dos termináis lixeiros danse de alta no administrador de
Usuarios do servidor, e as sesións activas pódense ir vendo dende o
“Thin Client Manager”, ámbolos dous no menú “Sistema – Administración”.

Calquera software que queiramos ter para os clientes, témolo que
instalar dentro do chroot, e despois temos que actualizar a imaxe del,
con ltsp-update-image.

Pois iso é.
--------------------------------------------------------------



Vili Vili Vili escribiu:
> Teño xa unha boa parte configurado.
> 
> Ata de agora tan só tentéi de encender un terminal lixeiro. É unha
> Hewlett Packward Vectra cun monitor HP71. Este detecta o servidor e
> chega o transferirlle o kernel básico para o terminal. Aparece unha
> pantalla co logo de Edubuntu a todo color e unha barra de carga que
> chega a completarse. Agora ben o problema: neste punto creo que debería
> aparecer a pantalla para logear como un usuario, pero non chega a
> aparecer; no seu lugar aparece un cursos na parte superior dereita da
> pantalla (esta está completamente negra) que me deixa escribir o que
> quero, pero nada máis.
> 
> As últimas liñas escritas no /var/log/syslog son as seguintes:
> 
> Jan 24 03:08:24 servidorltsp dhcpd: DHCPDISCOVER from 00:01:03:01:67:f5
> via eth0
> Jan 24 03:08:25 servidorltsp dhcpd: DHCPOFFER on 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> to 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:25 servidorltsp dhcpd: DHCPDISCOVER from 00:01:03:01:67:f5
> via eth0
> Jan 24 03:08:25 servidorltsp dhcpd: DHCPOFFER on 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> to 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:27 servidorltsp dhcpd: DHCPDISCOVER from 00:01:03:01:67:f5
> via eth0
> Jan 24 03:08:27 servidorltsp dhcpd: DHCPOFFER on 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> to 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:31 servidorltsp dhcpd: DHCPREQUEST for 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> (192.168.0.254 <http://192.168.0.254>) from
> 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:31 servidorltsp dhcpd: DHCPACK on 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> to 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:31 servidorltsp in.tftpd[5696]: tftp: client does not
> accept options
> Jan 24 03:08:45 servidorltsp dhcpd: DHCPDISCOVER from 00:01:03:01:67:f5
> via eth0
> Jan 24 03:08:45 servidorltsp dhcpd: DHCPOFFER on 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> to 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:45 servidorltsp dhcpd: DHCPREQUEST for 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> (192.168.0.254 <http://192.168.0.254>) from
> 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:45 servidorltsp dhcpd: DHCPACK on 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> to 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:46 servidorltsp dhcpd: DHCPREQUEST for 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> (192.168.0.254 <http://192.168.0.254>) from
> 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:46 servidorltsp dhcpd: DHCPACK on 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> to 00:01:03:01:67:f5 via eth0
> Jan 24 03:08:46 servidorltsp nbdrootd[5710]: connect from 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> (192.168.0.250 <http://192.168.0.250>)
> Jan 24 03:08:46 servidorltsp nbd_server[5711]: connect from
> 192.168.0.250 <http://192.168.0.250>, assigned file is
> /opt/ltsp/images/i386.img
> Jan 24 03:08:46 servidorltsp nbd_server[5711]: Size of exported
> file/device is 143855616
> Jan 24 03:09:06 servidorltsp ldminfod[5713]: connect from 192.168.0.250
> <http://192.168.0.250> (192.168.0.250 <http://192.168.0.250>)
> 
> 
> Penséi que o erro estaría na configuración dos servidor X e editéi o
> archivo /etc/X11/xorg.conf, modificando os valores en negrita:
> 
> Section "Monitor"
>         Identifier      "Monitor genérico"
>         Vendorname      "Generic LCD Display"
>         Modelname       "LCD Panel 1280x1024"
>         Horizsync       30.0-70.0
>         Vertrefresh     50.0 - 160.0
>   modeline  " 640x480 en 60" 25.2 640 656 752 800 480 490 492 525 -vsync -hsync
>   modeline  "800x600 en 56" 36.0 800 824 896 1024 600 601 603 625 +hsync
> +vsync
>   modeline  "800x600 en 60" 40.0 800 840 968 1056 600 601 605 628 +hsync +vsync
>   modeline  "1024x768 en 60" 65.0 1024 1048 1184 1344 768 771 777 806
> -vsync -hsync
>   modeline  "1280x960 en 60" 102.1 1280 1360 1496 1712 960 961 964 994
> -hsync +vsync
>   modeline  "1280x1024 en 60 " 108.0 1280 1328 1440 1688 1024 1025 1028
> 1066 +hsync +vsync
>         Gamma   1.0
> EndSection
> 
> Section "Screen"
>         Identifier      "Default Screen"
>         Device          "Intel Corporation 82Q963/Q965 Integrated
> Graphics Controller"
>         Monitor         "Monitor genérico"
>         Defaultdepth    24
>         SubSection "Display"
>                 Depth   24
>                 Virtual 1280    1024
>                 Modes           "1024x768"      "800x600"       "640x480"
>         EndSubSection
> EndSection
> 
> Pero estou nas mesmas. ¿Alguén sabería axudarme?
> 
> Graciñas!
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal