[Softlibre-edugal] Me lanzo a linux
José Troncoso
troncoso en mundo-r.com
Xov Xul 3 10:56:25 CEST 2008
El Jueves 03 Julio 2008, Susana Sotelo Docio escribió:
> Se é unha Atheros non terás ningún problema con Debian nin con (K)Ubuntu.
> Na primeira precisarás instalar o driver de madwifi e nas outras
> seguramente virá incluído na instalación mínima.
Eu teño unha tarxeta Netgear WG311T con chip Atheros AR5212/AR5213 e poido
confirmar que en Kubuntu o módulo de Madwifi instálase automaticamente sen
problema ningún.
En canto ao rendemento do driver de Madwifi , eu teño unha rede inalámbrica
cun punto de acceso e dous clientes, os tres usando Madwifi, e a rede vai
razoablemente ben, aínda que hai diferencias apreciables segundo a versión do
kernel (driver) utilizada. De feito, eu agora mesmo estou a usar o penúltimo
kernel, 2.6.24-18, en vez do 19, que as veces provoca bloqueos temporais da
rede.
Un saúdo,
--
José A. Fernández Troncoso
http://www.troncoso.info
Linux User #454805