[Softlibre-edugal] horas tic
Vicente Martinez de Cestafe Ochoa de Eribe
gomaran en gmail.com
Ven Xul 4 14:07:23 CEST 2008
No Ies A Piringalla hai 2 cursos fixemos un traballo de análise sobre as
necesidades hardware, software e organizativas para montar unha serie de
servizos en rede e levar o traballo de administración de forma coordinada
entre varios usuarios.
Eu mándoche unha folla de cálculo na que reflexamos a lista de actividades
que tiña que facer cada administrador xunto con unha cuantificación en horas
de traballo (a principios de curso e semanalmente) para as nosas necesidades
particulares. O SDI é un Sistema de Información para levar o control e a
comunicación das incidencias entre os administradores e os usuarios.
Outras estimacións que se fixeron na época que ti sinalas son de unha hora
semanal por cada catro ou cinco postos incluindo labouras de administración
e atención ós usuarios (aínda que a mín persoalmente parecenme un tempo
escaso ...).
Considero que o aspecto da documentación é fundamental e leva un tempo
considerable. Cando se fai non parece moi útil; pero cando hai un cambio no
equipo de administración por baixas ou outras historias bótase de menos...
Ti tes que analizar as tarefas que vas facer no teu caso, os servizos que
vas administrar, o número de usuarios que vas atender o número de postos
que ten a túa rede.
Saúdos
Vicente Martínez de Cestafe Ochoa de Eribe
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080704/1afafe64/attachment.htm
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : funcions_administradores.ods
Tipo : application/vnd.oasis.opendocument.spreadsheet
Tamaño : 17829 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080704/1afafe64/attachment.ods