[Softlibre-edugal] Kturtle // Logo

mvillarino mvillarino en gmail.com
Sab Xul 26 12:57:09 CEST 2008


Boas,
estou a revisar e completar a tradución do KTurtle, que ven sendo un entorno 
de programación para cativos en algo semellante a LOGO.

Resulta que se supón que se deben (ou poden) traducir as palabras-chave do 
LOGO que emprega KTurtle, e a iso ando.
As dúbidas son:
1.- Considerades oportuno traducilas?
2.- Existe algún tipo de convenio preexistente, referente a como se 
traducirían?

3.- A chicha: Os comandos LOGO de KTurtle son os que se enumeran na "táboa" 
que segue, xunto coa tradución que estou a barallar. Algún comentario?

COMANDOS Kturtle	idem en galego
true			certo
false			falso
, (separador de lista)	,
. (separador decimal)	.
exit			sair
if			se
else			caso_contrario
repeat			repetir
while			mentres
for			desde
to			até
step			en_pasos_de
break			sair_do_bucle
return			voltar
wait			agardar
and			e
or			ou
not			non
learn			aprender_a
reset			reiniciar
clear			limpar
center			centrar
go			ir
gox			irx
goy			iry
forward			avanzar
backward		recuar
direction		dirección
turnleft		xirarEsquerda
turnright		xirarDereita
penwidth		anchoLápis
penup			subirLápis
pendown			baixarLápis
pencolor		corTrazo
canvascolor		corLenzo
canvassize		tamañoLenzo
spriteshow		mostrarSapoconcho
spritehide		acocharSapoconcho
print			imprimir
fontsize		tamañoLetra
random			aleatorio
getx			posiciónX
gety			posiciónY
message			mensaxe
ask			perguntar
pi			pi
tan			tan
sin			sin
cos			cos
arctan			arctan
arcsin			arcsin
arccos			arccos
sqrt			raíz
exp			exp
round			redondear

ALCUMES DOS COMANDOS
ccl (clear)		lp
gx (GoX)		ix
gy (GoY)		iy
fw (forward)		av
bw (backward)		rc
dir (direction)		dir
tl (turnleft)		xe
tr (turnright)		xd
pw (penwidth)		al
pu (penup)		sl
pd (pendown)		bl
pc (pencolor)		cl
cc (canvascolor)	clz
cs (canvassize)		tlz
ss (spriteshow)		msc
sh (spritehide)		asc
rdn (random)		alea
-- 
Best regards,
MV