[Softlibre-edugal] Kturtle // Logo
José Troncoso
troncoso en mundo-r.com
Mar Xul 29 20:40:45 CEST 2008
El Martes 29 Julio 2008, Leandro Regueiro escribió:
> > "else" eu traduciríao por "senon"
>
> Apoio a Javier, tanto no de intentar usar palabras únicas e no de
> traducir else coma senón. Quedaria por discutir o asunto dos tiles.
Penso que debo advertirvos de que traducir "else" por "senón" é
incorrecto. "Senón" non é unha conxunción condicional negativa, senón unha
conxunción adversativa: tratándose de condicionais, o correcto é escribir "se
non". Por exemplo:
Se tes 100 euros, cómprao; se non, aforra un pouco máis.
Penso, por tanto, que esta suxestión non é unha boa idea: confundiría aos
rapaces respecto do uso correcto do galego e do castelán, onde tamén se fai a
mesma distinción entre "sino" e "si no".
--
José A. Fernández Troncoso
http://www.troncoso.info
Linux User #454805