[Softlibre-edugal] Kturtle // Logo

mvillarino mvillarino en gmail.com
Mar Xul 29 23:56:00 CEST 2008


O Martes 29 Xullo 2008 20:40, José Troncoso escribiu:
> Penso que debo advertirvos de que traducir "else" por "senón" é
> incorrecto. "Senón" non é unha conxunción condicional negativa, senón unha
> conxunción adversativa: tratándose de condicionais, o correcto é escribir
> "se non".
Chachi!, menos traballo. 
A ver logo: poder facer unha listaxe de conxuncións condicionais negativas ou 
expresións con esa mesma función gramatical, para escoller unha delas?

En outra orden de cousas:

--como verías máis adecuado expresar os comandos, en infinitivo ou en 
imperativo?
Infinitivo:
	aprender_a facerCirculo $X {
	    repetir 36 {
	    avanzar $X
	    xirarEsquerda 10
	  }
	}
	ir 200,200
	facerCirculo 20
	
	ir 300,300
	facerCirculo 40
Imperativo:
aprende faiCirculo $X {
	  repite 36 {
	    avanza $X
	    xiraEsquerda 10
	  }
	}
	vai_a 200,200
	faiCirculo 20
	
	vai_a 300,300
	faiCirculo 40

E sobre todo:
for $i = 1 to 10 step 2 {algo}
ese "for" é matador; para ou desde?
-- 
Best regards,
MV