[Softlibre-edugal] kdeedu

mvillarino mvillarino en gmail.com
Mer Xul 30 00:43:19 CEST 2008


Olá,

ven de sair KDE 4.1, xa hai novas ao respeito en linux.com, slashdot.org, 
digg, e demais ptos de referencia das novas en internet.

Hai versión en galego para este escritorio, o escritorio está traducido ao 
100%, pero non podemos dicir o mesmo de todos os programas que o acompañan. 
Isto fai que as estatísticas sinalen que a tradución ao galego está ao 92%, 
ocupando o posto 18.

En concreto, temos KDEEDU (http://edu.kde.org/), a suite de programas para 
usos educativos, sen tradutor que se faga responsábel dela.

Isto é para darlle publicidade a este feito, e para indicar que se alguén se 
quer animar a porse a traducir algún dos programas, a súa axuda será recibida 
cos brazos abertos.
Quen estexa interesado, pode porse en contacto co equipo de tradutores de KDE 
ao galego na lista de correo do proxecto Trasno (proxecto [at] trasno net), 
ou directamente através de min.

Sen outro particular,
-- 
Best regards,
MV