[Softlibre-edugal] Versión candidata final para MAGASIX Linux 2.2

Manuel G. Regal mgregal en yahoo.es
Ven Mar 7 10:17:37 CET 2008


Ola a tod en s,

Xa está lista a versión candidata do novo MAGASIX Linux e en canto solucione os problemas para subir a imaxe iso o servidor de centros (conto que hoxe xa estará) aparecerá a ligazón correspondente na sección de descargas.

Entre as características desta versión candidata do MAGASIX Linux v2.2 destacamos:

- Baseada en Ubuntu Linux 7.10 Gutsy Gibbon, coas últimas actualizacións existentes e listo para usar os efectos de Compiz.
- O usuario pode traballar en modo live-cd ou cun sinxelo asistente se pode instalar no disco duro dun equipo.
- O usuario pode traballar en galego, castelán, euskera, catalán, portugués, inglés, francés, alemán e agora tamén en italiano.
- Moitas máis ligazóns no navegador de Internet Mozilla Firefox: 244 ligazóns organizadas en categorías
          o Educación: blogs educativos, accesibilidade e diversidade, historia, matemáticas, física e química, tecnoloxía, plástica, música, inglés, francés, etc.
          o Cultura e lingua galega.
          o Webs de Software libre.
          o Consellería de Educación e O.U.
          o Lexislación educativa.
          o Xornais.
          o etc.
- Motores de procura incorporados na navegador de Internet: dicionario da Real Academia Galega, Galipedia, dicionario da Real Academia Española, Wikipedia en Español,     Google, Bugalicia, Wikipedia en inglés, portugués, italiano, catalán, etc.
- Máis aplicacións preinstaladas que na versión 2.1:
          o Ofimática: OpenOffice, OpenOffice Clipart, Gnochm, Gdrae, axenda Sunbird, etc.
          o Gráficos: Blender, Dia, GnuPaint, Scribus, Inkscape, Tuxpaint, QCAD, SagCAD, Xfig, Comix, Phatch, etc.
          o Redes/Internet: Firefox, Evolution, Gaim, Gftp, Thunderbird, Liferea, nmap + nmapfe, hping3, Wireshark, atftp (cliente), nemesis, p0f, xprobe, scapy, ngrep, fping,                     arping, curl, stunnel, icmpush, tcptraceroute, firestarter, FWBuilder, paketto, ptunnel, httptunnel, etc.
          o Empresa: Project Planner, GnuCash, etc.
          o Multimedia: Audacity, VLC, PyTube, Avidemux, Kino, GnomeBaker, Brasero, etc.
          o Programación: Anjuta, Bluefish, Scite, Gambas2, Umbrello, Gmount-iso, gPHPEdit, ISO Master, Kompozer, etc.
          o Xogos: gBrainy, Lbreakout, TuxMath, etc.
          o Educación:
                + Electricidade/Electrónica: Tkate, Qucs, Electric.
                + Matemáticas: Texmacs, Kig, Kmplot, Kpercent, Wxmaxima, editor ecucacións de OpenOffice.
                + Astronomía: Celestia, Stellarium, Kstars.
                + Lingua: Klatin, Klettres, Kverbos, Kvoctrain, Kwordquiz, dicionarios.
                + Química: Kalzium, Chemtool, Gperiodic, Rasmol.
                + Varios: Tuxpaint, GCompris, eXeLearning, Wine (emulador para correr programas Windows), etc.

Esta versión candidata foi testada durante varias semanas e é completamente funcional e estable.  Entre a versión candidata e a definitiva haberá dúas diferencias:
1. Na versión final incluiranse os programas para Windows do MAGASI para aqueles que desexen ter nos equipos de Windows moitas das xoias de software libre incluídas     no MAGASIX Linux.
 2. As vosas suxestións en canto aplicacións e ligazóns a incluír, ou outros consellos que fagan un mellor e máis útil MAGASIX Linux. Se cres que algunha aplicación ou algunha ligazón debería incluirse na version final pono nun comentario ou envía un email a omagasicd [arroba] yahoo.es.

Repito, que en canto remate o proceso de subida ó servidor estará habilitada a ligazón de descarga.

Espero que vos guste e agardo suxestións.

Saúdos desde o IES Xulián Magariños e se queredes máis información ide a:  http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/

Manuel González Regal




      ______________________________________________ 
Enviado desde Correo Yahoo! El correo favorito de los internautas. http://es.docs.yahoo.com/mail/overview/index.html
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20080307/7010bb7c/attachment.htm