[Softlibre-edugal] Solución definitiva sobre clonación en rede por multicast
Vili
vili.cedeira en gmail.com
Mar Set 22 19:20:46 CEST 2009
Grazas a todos por a información que me enviáchedes. Probéi algún deses
sistemas, pero non se axustaba ó que eu quería.
A solución a atopéi descrita na seguinte páxina:
http://www.congdegnu.es/2009/02/20/clonando-con-drbl-y-clonezilla-usando-multicast/
Aquí atoparedes un manual moi sinxelo de como clonar en rede.
Eu conseguín clonar 14 equipos DELL 740 á vez (todo o disco duro, cunha
partición de windows e outra de linux) nun tempo record de 9 minutos (unha
vez que comeza a transferencia de datos). A verdade é que me quedéi
abraiado!!! Nin un so erro!!! O switch e tarxetas de rede traballan a 1000
MHz.
Si seguides o manual, atoparede que distribución LIVE Linux que se utilizóu
no proceso descrito non existe xa, pero si unha superior en:
http://free.nchc.org.tw/drbl-live/stable/
Isto aforra moitísimas horas de traballo frente a clonación con outros
sistemas que van de un en un, como o Norton Ghost (máis dunha hora por
ordenador).
Saudos. Vili
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20090922/128fa6c2/attachment.htm