Ola Vicente.
Eu uso shorewall (en Debian é un apt, supoño que tamén funciona en CentOS).
Simplifica moito a configuración. Non tes que saber iptables (aínda que iso é o máis recomendable).
Unha vez instalado só hai que tocar 4 ficheiros de texto para poñelo a funcionar facendo nat.
Defines as zonas. Por exemplo supón que a internet (adsl) a chamamos inet e á rede interna loc...
Exemplos: 
Para aceptar as conexións ssh
ACCEPT inet fw tcp 22
Consultas DNS dende a rede local:
ACCEPT loc fw tcp 53
Redirixir o porto 80 a unha máquina da rde local:
DNAT inet loc:192.168.10.55 tcp 80
Redirixir a un porto dunha máquina na rede interna só para unha ip concreta:
DNAT inet:213.60.55.67 loc:192.168.10.55 tcp 4955
Fácil non?
Se tes interés pódoche enviar unha configuración de exemplo.
Saúdos.
Dámaso.
PD: Para permitir ou denegar acceso a internet usamos unha aplicación en php que modifica o ficheiro de texto /etc/shorewall/rules con liñas como as de arriba e relanza o shorewall.
Ola a todos:
Quero montar un firewall con CentOS nun servidor con 3 tarxetas
(local, rede da Xunta, adsl do instituto). Detrás da tarxeta
de rede local hai switches con varias subredes IP correspondendo a
distintas aulas, despachos, ... O de facelo en CentOS pode
parecer matar unha mosca cun canón pero é porque teño
máis servidores con este sistema (minimizo a curva de
aprendizaxe e o esforzo de documentación) e quero aproveitar
este sistema para outros servizos. Quero que teña un front-end
amigable para configurar NAT,,redirección de portos cara a
servidores internos, QoS, DMZ, VPN, auditoría ... e a
posibilidade de que un conxunto reducido de usuarios poida
levantar ou baixar o acceso NAT en cada subrede IP.
O mellor sistema de cortafogos do que teño referencia
é Coyote que é un Linux que cabe nun disquete
e mesmo o teño montado no posto do profe con Virtual PC para
dar acceso NAT nunha aula güin2 e vai de marabilla. Pero isto
que quero facer agora son palabras maiores ...
Grazas por adiantado.
Vicente
Lista de correo Softlibre-edugal
Softlibre-edugal@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal