<html><head><style type="text/css"><!-- DIV {margin:0px;} --></style></head><body><div style="font-family:times new roman, new york, times, serif;font-size:12pt"><div>Ola a tod@s,<br><br>Xa está lista a versión candidata do novo MAGASIX Linux e en canto solucione os problemas para subir a imaxe iso o servidor de centros (conto que hoxe xa estará) aparecerá a ligazón correspondente na sección de descargas.<br><br>Entre as características desta versión candidata do MAGASIX Linux v2.2 destacamos:<br><br>- Baseada en Ubuntu Linux 7.10 Gutsy Gibbon, coas últimas actualizacións existentes e listo para usar os efectos de Compiz.<br>- O usuario pode traballar en modo live-cd ou cun sinxelo asistente se pode instalar no disco duro dun equipo.<br>- O usuario pode traballar en galego, castelán, euskera, catalán, portugués, inglés, francés, alemán e agora tamén en italiano.<br>- Moitas máis ligazóns no navegador de Internet Mozilla Firefox: 244
ligazóns organizadas en categorías<br> o Educación: blogs educativos, accesibilidade e diversidade, historia, matemáticas, física e química, tecnoloxía, plástica, música, inglés, francés, etc.<br> o Cultura e lingua galega.<br> o Webs de Software libre.<br> o Consellería de Educación e O.U.<br> o Lexislación educativa.<br> o Xornais.<br> o etc.<br>- Motores de procura incorporados na navegador de Internet: dicionario da Real Academia Galega, Galipedia, dicionario da Real Academia Española, Wikipedia en Español, Google, Bugalicia, Wikipedia en
inglés, portugués, italiano, catalán, etc.<br>- Máis aplicacións preinstaladas que na versión 2.1:<br> o Ofimática: OpenOffice, OpenOffice Clipart, Gnochm, Gdrae, axenda Sunbird, etc.<br> o Gráficos: Blender, Dia, GnuPaint, Scribus, Inkscape, Tuxpaint, QCAD, SagCAD, Xfig, Comix, Phatch, etc.<br> o Redes/Internet: Firefox, Evolution, Gaim, Gftp, Thunderbird, Liferea, nmap + nmapfe, hping3, Wireshark, atftp (cliente), nemesis, p0f, xprobe, scapy, ngrep, fping, arping, curl, stunnel, icmpush, tcptraceroute, firestarter, FWBuilder, paketto, ptunnel, httptunnel, etc.<br> o Empresa: Project Planner, GnuCash,
etc.<br> o Multimedia: Audacity, VLC, PyTube, Avidemux, Kino, GnomeBaker, Brasero, etc.<br> o Programación: Anjuta, Bluefish, Scite, Gambas2, Umbrello, Gmount-iso, gPHPEdit, ISO Master, Kompozer, etc.<br> o Xogos: gBrainy, Lbreakout, TuxMath, etc.<br> o Educación:<br> + Electricidade/Electrónica: Tkate, Qucs, Electric.<br> + Matemáticas: Texmacs, Kig, Kmplot, Kpercent, Wxmaxima, editor ecucacións de OpenOffice.<br> + Astronomía: Celestia, Stellarium,
Kstars.<br> + Lingua: Klatin, Klettres, Kverbos, Kvoctrain, Kwordquiz, dicionarios.<br> + Química: Kalzium, Chemtool, Gperiodic, Rasmol.<br> + Varios: Tuxpaint, GCompris, eXeLearning, Wine (emulador para correr programas Windows), etc.<br><br>Esta versión candidata foi testada durante varias semanas e é completamente funcional e estable. Entre a versión candidata e a definitiva haberá dúas diferencias:<br>1. Na versión final incluiranse os programas para Windows do MAGASI para aqueles que desexen ter nos equipos de Windows moitas das xoias de software libre incluídas no MAGASIX Linux.<br> 2. As vosas suxestións en canto aplicacións e ligazóns
a incluír, ou outros consellos que fagan un mellor e máis útil MAGASIX Linux. Se cres que algunha aplicación ou algunha ligazón debería incluirse na version final pono nun comentario ou envía un email a omagasicd [arroba] yahoo.es.<br><br>Repito, que en canto remate o proceso de subida ó servidor estará habilitada a ligazón de descarga.<br><br>Espero que vos guste e agardo suxestións.<br><br><span>Saúdos desde o IES Xulián Magariños e se queredes máis información ide a: <a target="_blank" href="http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/">http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/</a></span><br><br>Manuel González Regal<br></div></div><br>
<hr size=1><br><font face="Verdana" size="-2">Enviado desde Correo Yahoo!<br><a href="http://us.rd.yahoo.com/mailuk/taglines/isp/control/*http://us.rd.yahoo.com/evt=52433/*http://es.docs.yahoo.com/mail/overview/index.html">El correo favorito de los internautas.</a>.<br></font> </body></html>