<html><head><style type="text/css"><!-- DIV {margin:0px;} --></style></head><body><div style="font-family:times new roman, new york, times, serif;font-size:12pt"><div style="font-family: times new roman,new york,times,serif; font-size: 12pt;"><div>Ola a tod@s,<br><br>Despois dalguns problemiñas xa está subida imaxe iso do MAGASIX Linux v2.2 versión candidata final. Como xa dixera noutra mensaxe é completamente funcional e estable (basada en Ubuntu 7.10 coas últimas actualizacións) e é o meu sistemas operativo principal na casa e no portátil co que fago as tarefas de secretario do meu centro.<br><br>Ademais na web do proxecto podedes atopar as ligazóns incluídas no MAGASIX Linux (unhas 244) sobre software libre, Linux, educación, lingua galega, etc. Aínda faltan un montón (por exemplo, ligazóns para contidos relativos os ciclos de informática) e se alguén se anima que envíe suxestión.<br><br>Nesta versión candidata para entrar no
MAGASIX ó arrincar hai que usar: <br>nome de usuario -> magasix<br>contrasinal
-> magasix<br><br>Supoño que para a versión definitiva (conto coas suxestións propias e alleas) sairá á volta de semana santa.<br><br><span>Web do proxecto: <a rel="nofollow" target="_blank" href="http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/">http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/</a></span><br><span>Sección descargas: <a rel="nofollow" target="_blank" href="http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/?page_id=49">http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/?page_id=49</a></span><br><span>Máis sobre o MAGASIX (aplicacións, idiomas incorporados, ...) -> <a rel="nofollow" target="_blank" href="http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/?p=59">http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/?p=59</a></span><br><br>Por certo, incluín dous titoriais moi sinxelos para ver como arrica o MAGASIX e como configurar a rede. Máis nos próximos días:<br><span><a rel="nofollow"
target="_blank" href="http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/arrincar_magasixv22rcfinal.htm">http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/arrincar_magasixv22rcfinal.htm</a></span><br><span><a rel="nofollow" target="_blank" href="http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/configurar_rede_magasix.htm">http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/magasi/descargas/configurar_rede_magasix.htm</a></span><br><br>Saúdos desde o IES Xulián Magariños (Negreira)<br><br>Manuel González Regal<br></div></div></div><br>
<hr size=1><br><font face="Verdana" size="-2">Enviado desde Correo Yahoo!<br><a href="http://us.rd.yahoo.com/mailuk/taglines/isp/control/*http://us.rd.yahoo.com/evt=52431/*http://es.docs.yahoo.com/mail/overview/index.html">Disfruta de una bandeja de entrada más inteligente.</a>.<br></font> </body></html>