No Ies A Piringalla hai 2 cursos fixemos un traballo de análise sobre as necesidades hardware, software e organizativas para montar unha serie de servizos en rede e levar o traballo de administración de forma coordinada entre varios usuarios.

Eu mándoche unha folla de cálculo na que reflexamos a lista de actividades que tiña que facer cada administrador xunto con unha cuantificación en horas de traballo (a principios de curso e semanalmente) para as nosas necesidades particulares. O SDI é un Sistema de Información para levar o control e a comunicación das incidencias entre os administradores e os usuarios.

Outras estimacións que se fixeron na época que ti sinalas son de unha hora semanal por cada catro ou cinco postos incluindo labouras de administración e atención ós usuarios (aínda que a mín persoalmente parecenme un tempo escaso ...).

Considero que o aspecto da documentación é fundamental e leva un tempo considerable. Cando se fai non parece moi útil; pero cando hai un cambio no equipo de administración por baixas ou outras historias bótase de menos...

Ti tes que analizar as tarefas que vas facer no teu caso, os servizos
que vas administrar, o número de usuarios que vas atender o número de
postos que ten a túa rede.

Saúdos

Vicente Martínez de Cestafe Ochoa de Eribe